Anuario de estatística agraria

Compartir

 

Recóllese neste apartado os datos do Anuario de Estatística Agraria e as Contas Económicas da Agricultura, que partires do ano 2005, intégranse nunha mesma publicación.

O obxectivo do Anuario é recompilar e difundir a información estatística agraria máis salientable obtida nas actividades estatísticas realizadas ao longo do ano.

Para a súa confección utilízase fundamentalmente a información procedente das operacións estatísticas reflectidas no Plan Galego de Estatística, complementada coas operacións realizadas en convenio co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e con datos emanados doutras fontes coma EUROSTAT e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Máis información no Instituto Galego de Estatística

 

O Sistema Europeo de Contas (SEC) nacionais e rexionais, elaborado a partires da versión revisada do Sistema de Contas Nacionais das Nacións Unidas (SCN93), concibiuse para satisfacer as necesidades particulares da Unión Europea e establece conceptos, definicións, normas estables e clasificacións uniformes para os seus estados membros.

O obxectivo final desta operación estatística é estimar a valoración das producións agrarias en metodoloxía SEC e analizar a evolución da renda agraria e das principais macromagnitudes.

Máis información no Instituto Galego de Estatística