Medios

Compartir

O Laboratorio Agrario ocupa dous edificios da finca de Mabegondo. Os laboratorios de Alimentos e de Bebidas están no edificio novo. Os de Alimentación Animal, Fertilizantes, Solos, Fitopatoloxía e Residuos de Pesticidas están no edificio vello.

O equipamento de laboratorio é bastante completo. Sen nomear polo miúdo, temos:

  • un espectrómetro de masas con plasma de acoplamento inductivo, ICP-MS, para os metáis e elementos traza en alimentos, bebidas e produtos da alimentación animal
  • varios analizadores de fluxo continuo segmentado con espectrofotómetro visible para análises de viños
  • varios cromatógrafos de líquidos, HPLC, e un cromatógrado de líquidos, UPLC, para análises de viños e bebidas espirituosas
  • dous espectrofotómetros de absorción atómica para os metáis en viños e bebidas espirituosas e para os metáis en produtos da alimentación animal
  • un espectrómetro de acoplamento inductivo, ICP-AES, para os metáis en solos, fertilizantes e produtos da alimentación animal
  • varios dixestores para alimentos, forraxes e pensos, fertilizantes e solos
  • un texturómetro para os solos
  • tres sistemas para determinar o nitróxeno Kjeldahl
  • un cromatógrado de líquidos con detector de masas-masas e dous cromatógrafos de gases con detector de masas-masas para residuos de pesticidas
  • un sistema PCR en tempo real que se utiliza nos diagnósticos de sanidade vexetal
  • lupas e microscopios para identificación de artrópodos en sanidade vexetal
  • e, un amplo conxunto de material propio dun laboratorio agroalimentario como estufas, muflas, balanzas de precisión, material volumétrico, etc.