Notas importantes

Compartir
Certificados de exportación de viños

Os ensaios que se realizarán son os que se acordaron na Grupo de traballo sectorial de viños e derivados (18/05/2017): acidez total, acidez volátil, ácido cítrico, azucres reductores, extracto seco total, dióxido de xofre total, grao alcohólico adquirido, masa volúmica a 20ºC e metanol.

Para os países asiáticos incluirase o ácido sórbico. No caso de China é necesario incluir o resultado da ocratoxina A.

Para as exportacións a Brasil faranse as análises incluídas no modelo anexo VIII establecido para este país: acidez total, acidez volátil, azucre total, color, dióxido de xofre total, extracto seco total, grao alcohólico adquirido, limpidez, masa volúmica a 20ºC, pH, presencia de diglucósido de malvidol y presión de CO2.

Certificados de exportación de bebidas espirituosas

Faranse os seguintes ensaios:

  • Augardentes: grao alcohólico, metanol, sustancias volátiles, cobre.
  • Licores: grao alcohólico, metanol, sustancias volátiles, cobre, azucre total.

Se o cliente desexa outros ensaios, deberao facer constar na súa solicitude.

Ensaios de ácido cítrico e de metanol en viños

Para o ácido cítrico. Cando a concentración sexa inferior a 1 g/l, o resultado irá expresado como <1 g/l.

Para o metanol. Viños tintos: cando o seu contido sexa inferior a 0,40 g/l irá expresado como <0,40 g/l. Viños brancos e rosados: cando o seu contido sexa inferior a 0,30 g/l irá expresado <0,3 g/l.

Análise de fertilizantes

Nos informes de resultados das análises, entenderase salvo indicación contraria, que os ensaios acreditados que a continuación se mencionan, cumpren o requisito do límite da repetibilidade:

  • fósforo soluble en ácidos minerais por gravimetría fósforo soluble en citrato de amonio neutro por gravimetría
  • fósforo soluble en auga por gravimetría
  • potasio soluble en auga por gravimetría,

cumpren o requisito do límite da repetibilidade.

O alcance da acreditación para a determinación nitróxeno amoniacal por volumetría, procedemento interno PE/LAFIGA/FI04, non inclúe as mostras de fertilizantes inorgánicos que declaran nitróxeno ureico na súa composición.

Naquelas mostras que na súa etiqueta só declaren nitróxeno nítrico, éste calcularase utilizando o ensaio nitróxeno nítrico e amoniacal por volumetría (método Devarda), procedemento interno PE/LAFIGA/FI03, asumindo que o valor obtido é o valor do nitróxeno nítrico da mostra.

O método oficial para determinar a porcentaxe de P2O5 soluble en citrato amónico neutro e o método oficial para determinar a porcentaxe P2O5 soluble en citrato amónico neutro e auga son o mesmo. No INFORME DE ANÁLISE que emite o Laboratorio Agrario figura:

Determinación Realizada                                                                        Unidade

FÓSFORO SOLUBLE EN CITRATO DE AMONIO NEUTRO (P205)     %

Entendendo que:

  • Se a solubilidade do P2O5 en auga é inferior ao 2%, a solubilidade indicada para o citrato correspóndese con % de P2O5 soluble en citrato amónico neutro
  • Se a solubilidade do P2O5 en auga é igual ou superior ao 2%, a solubilidade indicada para o citrato correspóndese con % de P2O5 soluble en citrato amónico neutro e auga
Análise de solos

Cando na solicitude de análise de solos o cliente indique fertilidade ou non indique nada, faranse os seguintes ensaios: acidez de cambio extracción KCl 1M, calcio, magnesio, sodio, e potasio extracción en acetato amónico 1N a pH 7, capacidade de cambio efectiva, carbono total, conductividade eléctrica extracción 1:5, elementos grosos (> 2.0 mm), fósforo soluble en bicarbonato sódico (Olsen), materia orgánica por calcinación, necesidades de cal, nitróxeno total, pH en auga a 20ºC extracción 1:2.5, relacións C/N, Ca/Mg, K/Mg e saturación por acidez.

Toda a información técnica adicional está ao dispor dos clientes nos números:

881881366 e 881881352.

Tamén en laboratorioagrario.medio-rural@xunta.es