Nova

Compartir

A Xunta entrega 325 dispositivos con sinal luminoso e acústico para a colocación nos seus vehículos prioritarios de prevención e defensa contra os incendios forestais

Estes equipos van destinados aos vehículos de brigadas de bombeiros forestais e aos de axentes facultativos medioambientais e axentes forestais da Consellería do Medio Rural, repartidos polos diferentes distritos

A distribución destes equipos faise consonte ao establecido polos últimos cambios normativos, que unifican a cor do sinal luminoso V-1 dos vehículos prioritarios, de forma que pasa a ser azul en todos os casos

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2021.- A Consellería do Medio Rural está a distribuír ao longo destes días un total de 325 dispositivos con sinal luminoso V-1 e sinal acústico entre os vehículos prioritarios da Dirección Xeral de Defensa do Monte destinados á prevención e loita contra os lumes forestais. Estes equipos van destinados aos vehículos de brigadas de bombeiros forestais e aos de axentes facultativos medioambientais e axentes forestais da Consellería, repartidos polos diferentes distritos.

A entrega destes dispositivos faise consonte ao establecido polos últimos cambios normativos, que unifican a cor do sinal luminoso V-1 dos vehículos prioritarios, de forma que pasa a ser azul en todos os casos. Con anterioridade, este sinal era de cor azul para os vehículos de policía e de cor amarela auto para os vehículos de extinción de incendios, de asistencia sanitaria e de protección civil e salvamento.

Con tal motivo, a Consellería do Medio Rural adquiriu por un importe total de 78.650 euros os devanditos equipos, que se están a entregar agora e que deberán empregar estes vehículos cando se dirixan á realización de tarefas de extinción de lumes forestais. O obxectivo último da adaptación destes sinais luminosos e acústicos á normativa é mellorar os tempos de resposta do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e garantir a seguridade de todos os galegos cando estes efectivos se desprazan aos lugares de actuación.

Galería