Nova

Compartir

A Xunta realiza traballos preventivos en Culleredo, no Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas, coa mellora de máis de 20 quilómetros de pistas

1 de 1

As actuacións consistiron no arranxo do firme das pistas que dan acceso ao monte, o acondicionamento da rede de drenaxe das mesmas, o repaso dos cortalumes e a roza da maleza que hai nas pistas
 

Nos montes de parroquia de Celas, en Culleredo, rozouse en máis de 17 quilómetros de pistas forestais, acondicionouse o firme e cunetas noutros 3,8 quilómetros e repasáronse 3,1 hectáreas de cortalumes

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, vén de completar unha serie de actuacións para a prevención de incendios forestais no Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas, concretamente no concello de Culleredo. 

 As actuacións realizadas consistiron no arranxo do firme das pistas que dan acceso ao monte, o acondicionamento da rede de drenaxe das mesmas, o repaso dos cortalumes e a roza da maleza que hai nestas pistas. En total, traballouse sobre máis de 20 quilómetros de pistas. 

No monte da parroquia de Celas, en Culleredo rozouse a maleza en máis de 17 quilómetros de pistas forestais, ademais de acondicionar o firme e cunetas noutros 3,8 quilómetros. Por último, repasáronse 3,1 hectáreas de cortalumes. 

Para poder levar a cabo estes traballos empregouse maquinaria específica como pas ou tractores con rozadoira de cadeas, entre outros.

Imaxes relacionadas