Nova

Compartir

A Xunta imparte en vindeiras datas novas xornadas formativas sobre poda na oficina agraria móbil, en Chantada e Monterrei

As xornadas formativas xa axendadas desenvolveranse o venres 16 no concello lucense de Chantada, sobre poda de maceiras, e o mércores 21 terá lugar na localidade ourensá de Monterrei, onde se abordará a poda en viñedo
 

As formacións contan cunha parte teórica e outra dirixida á práctica, que se desenvolverá en parcela

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural continúa impulsando xornadas formativas ao longo de toda Galicia. Nos vindeiros días, visitará os concellos de Chantada, en Lugo; e Monterrei, en Ourense, para ofrecer dúas sesións de aprendizaxe sobre poda. 

A primeira cita será o venres 16 de febreiro no lugar de Pumar, na parroquia de Merlán, no concello de Chantada, onde se desenvolverá un curso sobre poda de maceiras. O seguinte encontro xa axendado será o mércores 21 de febreiro, no concello de Monterrei, para abordar a poda en viñedo. 

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores que se desenvolverán en parcela. 

Datos para a inscrición:
 
  • Curso do día 16 en Chantada: Correo-e: oac.seca.chantada@xunta.gal. Teléfono: 982 870 247
  • Curso do día 21 en Monterrei: Correo-e: oac.seca.verin@xunta.gal. Teléfono: 988 788 310.