Nova

Compartir

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Santa María de Gargamala

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie provisional de 21 hectáreas: 15 arboradas e 6 rasas

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020.- A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido o lume do concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Santa María de Gargamala.

O incendio comezou esta pasada medianoite, concretamente ás 00:06h, e deuse por sufocado ás 14:23h desta tarde. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie provisional de 21 hectáreas: 15 arboradas e 6 rasas. No seu control traballaron 3 axentes, 7 brigadas e 5 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.