Nova

Compartir

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Permanece activo o lume no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas

Segue controlado o incendio rexistrado na parroquia de Rubiais, tamén no concello de Viana do Bolo, que segundo últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas

Extinguido un incendio no concello de Ames, parroquia de Bugallido, cunha afectación de 21,5 hectáreas de superficie
 

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

Pradorramisquedo
Permanece activo o incendio no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou na mañá do luns e afecta provisionalmente unhas 50 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 9 axentes, 25 brigadas, 4 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros.

Rubiais
Permanece controlado dende as 18,45 h. de onte o lume rexistrado na noite do luns no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 5 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Ames
Extinguido ás 5,02 h. desta madrugada o lume rexistrado no concello coruñés de Ames, parroquia de Bugallido, tras comezar ás 19,03 h. da tarde de onte. Tras as medicións realizadas, a superficie afectada foi de 21,5 hectáreas, das cales 18 foron arboradas e 3,5 de monte raso. Na súa extinción participaron 14 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.