Nova

Compartir

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Benza, no concello coruñés de Trazo

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.170 hectáreas

Supuxo un investimento de case 2,3 millóns de euros por parte da Xunta
 

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Benza, no concello coruñés de Trazo. O proceso, que afecta un total de 1.170 hectáreas propiedade de 458 veciños, supuxo un investimento de case 2,3 millóns de euros por parte da Xunta.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 4.424 parcelas en 1.132 predios.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

O concello de Trazo ten unha extensión total de 10.130 hectáreas, estando xa concentrada ou en proceso máis do 81% da superficie, é dicir, case 8.300 hectáreas. Así, xa están rematados sete procesos de reestruturación parcelaria neste municipio e outros dous pendentes, entre eles esta zona de San Pedro de Benza e a de Santa María de Trazo.

Pódese consultar o anuncio no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200805/AnuncioG0426-230720-0001_gl.html