Nova

Compartir

Controlado un incendio forestal con dous focos no concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021.- A Consellería do Medio Rural informa de que está controlado un lume forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín.

O lume iniciouse en dous focos ás 17,25 h. e quedou controlado ás 18,09 h. Segundo as primeiras medicións, afecta unha superficie de menos dunha hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control participan 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.