Nova

Compartir

Extinguido o incendio forestal con dous focos do concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,04 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021.- A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, quedou extinguido.
O lume iniciouse en dous focos ás 17,25 h. e quedou extinguido ás 18,35 h. desta tarde. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,04 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nas tarefas de extinción participaron 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.