Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Esta publicación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración co Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo, fai unha recompilación ordenada dos requisitos administrativos, orientada ás adegas (de xeito especial ás pequenas e medianas) pertencentes ás diferentes denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de Galicia, co propósito de que estas poidan mellorar o seu coñecemento e comprensión destes, e, como consecuencia, o seu cumprimento.

Actualización de 2023 dos datos do rendemento e calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia

n º 5
Neste número 5 da revista de divulgación do agro galego temos como novidade dúas temáticas: un artigo de viticultura sobre especies de fungos responsables da enfermidade do pé negro da vide, unha colaboración entre investigadores da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e da Universidade de La Rioja; e un artigo forestal sobre rendementos dun sistema de extracción de resina en piñeiros destinados á madeira, froito do traballo de investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán).

n º 4
Este novo número de Agroexprés conta coa participación, ademais do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, doutros centros de relevancia dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega)), o cal permitirá achegar contidos en novas liñas de traballo.

Este tríptico resume os aspectos máis relevantes da normativa de aplicación

Este tríptico resume os aspectos máis relevantes da normativa de aplicación

Tríptico informativo sobre a enfermidade da flavescencia dourada da vide.

O monográfico nº 9 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado ao viño tostado, un viño doce elaborado tradicionalmente en Galicia con uvas parcialmente pasificadas a cuberto en condicións naturais, no cal, nos últimos anos, varias adegas da denominación de orixe Ribeiro apostaron pola súa recuperación e rexurdimento.

O programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña establece os eixes de intervencións e as actuacións que cómpre desenvolver no marco deste programa, entre os anos 2022 e 2040, así como aquelas actuacións definidas como prioritarias, que cómpre desenvolver entre os anos 2022 e 2025. Ademais, inclúense os mecanismos de seguimento e avaliación do programa.

A presente obra concíbese como un ensaio técnico destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola. Ten a intención de ofrecer ao apicultor ferramentas útiles para criar, seleccionar, propagar e acrecentar constantemente a xenética máis sobresaínte das súas abellas.