Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Este monográfico preséntanos un proxecto de innovación para promover a implantación dunha tecnoloxía na produción do viño: a aplicación dun lévedo autóctono para a diferenciación da calidade aromática do viño na DOP Ribeiro.

Este díptico resume os resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.

Este monográfico fai unha pequena descrición da variedade mencía, as súas técnicas de cultivo, as pragas e enfermidades que lle afectan e a vendima.

Recompilación e difusión dos datos estatísticos dos anos 2014 e 2015 máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos.

Este anuario de estatística forestal, cos datos e series históricas ata o ano 2018, é o primeiro compendio publicado en Galicia que contén exclusivamente datos estatísticos forestais.

Nesta publicación indícanse os estados fenolóxicos do ciclo vexetativo da vide máis sensibles ás enfermidades do mildio, o oídio, a podremia gris e o black rot ou podremia negra, as medidas preventivas e os factores ambientais que inflúen nas condicións de desenvolvemento destes fungos.

Información sanitaria sobre a peste porcina africana (PPA).

Cartel informativo de como se deben manexar os porcos nas granxas para evitar a peste procina africana.

Díptico informativo sobre a prevención da entrada da peste porcina africana nas explotacións: o que é, a bioseguridade, como detectala...

Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.