Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Este libro recompila os documentos, os testemuños e as lembranzas de centos de mulleres e homes que dende o Servizo de Extensión Agraria actuaron como auténtico motor para que os profesionais do medio rural modernizasen as súas explotacións.

Tríptico informativo para os usuarios dos produtos fitosanitarios.

Estes carteis ofrecen información sobre as principais pragas e enfermidades que afectan os cultivos máis comúns en Galicia e os seus tratamentos fitosanitarios.

Folleto monográfico sobre a variedade godello, unha das máis representativas das cepas autóctonas galegas.

Esta unidade didáctica ten como obxectivo servir de apoio e recurso didáctico na formación de técnicos e gandeiros.

Despregable informativo e explicativo sobre o xardín botánico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Un guía de doada utilización para aqueles agricultores, gandeiros ou xestores que desexen pontenciar a riqueza das plantas, mamíferos, aves, etc. na súa explotación agraria.

Esta memoria recolle as actividades levadas a cabo polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) no período 2012-2015.

Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Texto consolidado ao 1 de xaneiro de 2016

Tríptico informativo sobre novos hortos de semente de piñeiro do país e os avances de mellora xenética e silvícola que se están a producir no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.