Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Lexislación consolidada: Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Texto consolidado a 28/12/2017

Estudo e descrición das variedades que posúen mellores características tecnolóxicas e produtivas para plantar nos soutos novos, coa finalidade de mellorar o coñecemento sobre as variedades de maior interese para os diferentes usos.

Manual de información e formación de técnicos, agricultores e gandeiros relacionados coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

Esta publicación utilizou a información procedente das operacións estatísticas do Plan galego de estatística 2002-2006, complementada coas realizadas en convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e cos datos doutras fontes (EUROSTAT e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

O anuario do ano 2007 achega algunhas novidades con respecto aos anos anteriores: novas estatísticas do subsector forestal, nova información relativa aos prezos do leite e exclúese o capítulo de climatoloxía, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica anualmente no seu anuario.

Esta publicación, ademais de incluír unha relación das feiras que se celebraban, das que se posúen coñecemento, xunto cun calendario dos eventos festivos que teñen lugar mes a mes, achega datos sobre a agroindustria e información turística da provincia de Lugo. Resulta un cóctel entre a historia, a actividade agroalimentaria e a cultura en xeral, con dous aspectos importantes como son a arte e a gastronomía.

Esta publicación consta dun conto e unha guía de actividades, e está dirixida a nenos/as de educación primaria para conciencialos/as sobre os incendios forestais e a súa influencia no equilibrio ecolóxico.

Esta obra preséntanos unha recompilación dos traballos de investigación levados a cabo polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) dende o ano 2000 ao 2005.

Descrición polo miúdo dos resultados obtidos no Programa de caracterización do banco de xermoplasma. Pretende ser a base de referencia das variedades de vide que estiveron e están presentes na tradición galega e que evolucionaron no tempo en resposta a cambios biolóxicos, ambientais e socioculturais.

Manual para a formación de formadores que ofrece ao profesorado e aos alumnos un importante material de traballo na materia de agroecoloxía. A produción ecolóxica é un sector en auxe que representa un serio compromiso de manter o equilibrio ambiental protexendo os aspectos de rendibilidade.