Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Tríptico informativo sobre a enfermidade da flavescencia dourada da vide.

O principal obxectivo desta publicación é dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as calidades desta, especialmente desde un punto de vista técnico.

O monográfico nº 9 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado ao viño tostado, un viño doce elaborado tradicionalmente en Galicia con uvas parcialmente pasificadas a cuberto en condicións naturais, no cal, nos últimos anos, varias adegas da denominación de orixe Ribeiro apostaron pola súa recuperación e rexurdimento.

O programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña establece os eixes de intervencións e as actuacións que cómpre desenvolver no marco deste programa, entre os anos 2022 e 2040, así como aquelas actuacións definidas como prioritarias, que cómpre desenvolver entre os anos 2022 e 2025. Ademais, inclúense os mecanismos de seguimento e avaliación do programa.

A presente obra concíbese como un ensaio técnico destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola. Ten a intención de ofrecer ao apicultor ferramentas útiles para criar, seleccionar, propagar e acrecentar constantemente a xenética máis sobresaínte das súas abellas.

Actualización dos datos 2022 do rendemento e calidade das variedades comerciais do millo forraxeiro máis empregadas en Galicia (período 2000-2021). DL: C 228-2022

A finalidade da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia é actualizar o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega. DL: C 1811-2021

Esta síntese baséase nas primeiras 113 páxinas da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica. DL: C 1817-2021

Folleto informativo sobre unha das pragas máis daniñas do millo no mundo, a Diabrotica Virgifera Virgifera LeConte. Bioloxía, danos e síntomas e medios de loita.

O monográfico nº 10 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado á variedade Brancellao, unha vide tinta, de cultivo ancestral, prefiloxérica, e unha das variedades máis cultivadas, sobre todo no Ribeiro, Amandi, Quiroga, Lemos e Monterrei.