Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Este terceiro número da revista Agroexprés segue recollendo artigos interesantísimos para a divulgación do agro galego, como o millo forraxeiro en ecolóxico, a calidade do poldro en Galicia, os lévedos presentes nos queixos artesanais..., e a estrea dunha sección nova de horta sobre as variedades de tomates tradicionais.

Segundo número da revista Agroexprés, onde atoparemos artigos de grande interese como o sorgo forraxeiro, aditivos para a cervexa, analíticas do solo, cuncha de mexillón como fertilizante...

Recompilación e difusión dos datos estatísticos máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos do ano 2019.

Boletín informativo sobre o contexto normativo e entrevistas sobre a importancia de ter un decreto de artesanía alimentaria.

Este pequeno manual tenta, de forma sinxela, informar o gandeiro dos aspectos básicos de manexo e de xestión técnico-económica das actuais explotacións de gando vacún leiteiro.

Esta monografía fai unha análise histórica da importancia do cultivo da oliveira e da súa situación actual.

Boletín con entrevistas variadas sobre a importancia dunha indicación xeográfica protexida Pan Galego.

Esta publicación dános unhas nocións básicas sobre algunhas das especies de mamíferos comunmente usados na investigación, o seu manexo, comportamento, reprodución, patoloxías, condicións de aloxamento e necesidades alimenticias e ambientais

Trípticos divulgativos con referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal.

Concurso de ideas, con intervención de xurado a nivel de anteproxectos, para o deseño do Centro de Promoción e Imaxe dos Produtos Agrícolas, Gandeiros e Forestais de Galicia, baixo a denominación de “Galicia Calidade” no predio de Sergude