Publicacións

Compartir

A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma


Anuario de estatística forestal de Galicia 2019
Anuario de estatística forestal de Galicia 2019

Esta nova monografía de datos forestais estatísticos ten unha relevancia equiparable á presentada o ano anterior, pola importancia que leva consigo a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas dos ditos datos.

ANO: 2020
Nº PAX: 117
Libro de exercicios para os cursos de acreditación en benestar animal durante o transporte de animais vivos
Libro de exercicios para os cursos de acreditación en benestar animal durante o transporte de animais vivos

Este libro está deseñado principalmente para que os alumnos dos cursos de acreditación de competencia en benestar durante o transporte aprendan as nocións básicas necesarias para trasladar animais por estrada. E tamén para a formación de veterinarios, estudantes de veterinaria e enxeñería agrícola, membros dos corpos de seguridade do Estado e alumnado de formación profesional agraria.

ANO: 2020
Nº PAX: 84
Monográfico 8
Uso de lévedos autóctonos para a diferenciación da calidade aromática do viño DOP Ribeiro

Este monográfico preséntanos un proxecto de innovación para promover a implantación dunha tecnoloxía na produción do viño: a aplicación dun lévedo autóctono para a diferenciación da calidade aromática do viño na DOP Ribeiro.

ANO: 2020
Nº PAX: 21
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2020
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2020

Este díptico resume os resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.

ANO: 2020
Nº PAX: 2
A variedade Mencía
A variedade Mencía

Este monográfico fai unha pequena descrición da variedade mencía, as súas técnicas de cultivo, as pragas e enfermidades que lle afectan e a vendima.

ANO: 2019
Nº PAX: 24
Anuario de estatística agraria 2014-2015
Anuario de estatística agraria 2014-2015

Recompilación e difusión dos datos estatísticos dos anos 2014 e 2015 máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos.

ANO: 2019
Nº PAX: 270
Anuario de estatística forestal de Galicia. 2018
Anuario de estatística forestal de Galicia. 2018

Este anuario de estatística forestal, cos datos e series históricas ata o ano 2018, é o primeiro compendio publicado en Galicia que contén exclusivamente datos estatísticos forestais.

ANO: 2019
Nº PAX: 89
As principais enfermidades do viñedo galego e o seu control
As principais enfermidades do viñedo galego e o seu control

Nesta publicación indícanse os estados fenolóxicos do ciclo vexetativo da vide máis sensibles ás enfermidades do mildio, o oídio, a podremia gris e o black rot ou podremia negra, as medidas preventivas e os factores ambientais que inflúen nas condicións de desenvolvemento destes fungos.

ANO: 2019
Nº PAX: 26
Información sanitaria
Información sanitaria

Información sanitaria sobre a peste porcina africana (PPA).

ANO: 2019
Nº PAX: 1
Na granxa a bioseguridade é a túa responsabilidade
Na granxa a bioseguridade é a túa responsabilidade

Cartel informativo de como se deben manexar os porcos nas granxas para evitar a peste procina africana.

ANO: 2019
Nº PAX: 1