Publicacións
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

Nesta publicación danse unhas nocións básicas sobre algunhas especies de mamíferos comunmente usados na investigación.

Cartel informativo sobre as mordeduras dos porcos, as consecuencias e a prevención.

Tríptico informativo ampliado con novos clons respecto a 2015 sobre as liñas de conservación, selección e mellora xenética das principais especies de cerdeiras para uso forestal.

Tríptico informativo dos ensaios silvícolas de piñeiro levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para conseguir incrementar a cantidade e a calidade dos produtos forestais galegos.

Resultados dos ensaios do Centro de Investigación Forestal de Lourizán para determinar as posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia para a especie Pinus pinaster Ait.

Vídeo informativo-divulgativo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre o Programa de mellora silvícola de Galicia.

Folla divulgadora sobre a avespa do castiñeiro, considerada a principal praga do castiñeiro europeo.

Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia.

Este libro dános a coñecer as variedades de chícharos que se rexistran e conservan en Galicia.

Monográfico sobre a variedade Albariño, cuxos caldos son hoxe recoñecidos e valorados internacionalmente.