Información pública de AIA

Compartir

A participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar o ambiente e na decisión da súa viabilidade.

  • As administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular as observacións e suxestións de carácter ambiental (con contido técnico e razoado) que estimen oportunas para determinar as achegas á avaliación dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de AIA en período de información pública mediante anuncio no DOG, dentro do prazo de 30 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 21/2013. (IP AIA ordinaria)
  • As observacións e suxestións de carácter ambiental, formularanse por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. E deberán ser dirixidas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.
  • Deberá identificarse quen formula as observacións ou suxestións (nome da unidade administrativa, colectivo, etc,.. ou nome e apelidos da persoa física ou xurídica), facilitando tamén os datos de contacto (teléfono mobil e correo electrónico).

Para poder consultar os proxectos que teñen aberto o prazo de participación pública, os cales aparecerán no período de 30 días dende a publicación do anuncio no DOG.

14/11/2023 - Proxecto de ampliación a 2.534 prazas dunha explotación porcina de cebo en Guitiande, concello da Gudiña, provincia de Ourense, con Clave do expediente MR2023/002 e data de publicación no DOG 14/11/2023

18/04/2023 - Proxecto de implantación dunha explotación de polos de engorde con capacidade para 71.900 animais en Fondelo, concello de Agolada, provincia de Pontevedra, con clave de expediente MR2023/001 e data de publicación no DOG 18/04/2023