Organismos nocivos

Compartir

 

Rhynchophorus ferrugineus

O picudo vermello, Rhynchophorus ferrugineus, é actualmente un dos insectos máis daniños para as palmeiras no mundo, provocando polo xeral, a morte da palmeira.

Os danos orixinados por este insecto son os producidos polas larvas ao alimentarse no interior. Algúns dos síntomas poden observarse nas follas novas centrais pouco desenvolvidas, con parte dos folíolos comidos e aspecto decaído. As follas afectadas póñense dunha cor amarela, murchan e despréndense con facilidade. Mesmo pode observarse na base das follas galerías realizadas polas larvas ou presenza de pupas, individuos adultos e restos de fibra condensados.

Cando os danos afectan á xema apical da palmeira, único punto de crecemento da mesma, dá lugar á morte do exemplar. En infeccións avanzadas, prodúcese un desprendemento completo do penacho da palmeira.

Na actualidade, esta praga está moi estendida en Galicia e, aínda que non estea clasificada como Praga de corentena, é preciso o seu control para evitar a extensión dos danos que produce. No seguinte documento pódese consultar como actuar para o seu control.

Control do picudo vermello das palmeiras

Ragholetis completa ou mosca da nogueira

Rhagoletis completa ou mosca da nogueira, non se considera unha praga  cuarentenaria xa que non cumpre os requisitos que se especifican na sección 1 do Anexo I do Regulamento (UE) 2016/2031 respecto a a presenza de praga no territorio da Unión.
Aínda que esta praga é nativa de Norte América,  na década dos 90 xa fora detectada en Suíza e Italia, e actualmente atópase amplamente distribuída en Europa.
Rhagoletis completa é un díptero da familia Tephritidae, é dicir as denominadas moscas da froita. Nese senso existen especies semellantes como Rhagoletis cerasi, que é unha importante praga das cereixas en España ou Rhagoletis pomonella que si é considerada praga cuarentenaria prioritaria da UE.

Hospedantes:
Os principais  hospedantes de  R. completa son os froitos das especies do xénero  Juglans. En Norte América esta praga completa o seu ciclo de vida nos froitos das especies J. nigra, J. californica e J. hindsii e baixo certas condicións, os froitos do pexegeiro (Prunus  persica) tamén poden ser atacados, aínda que este feito é pouco frecuente.
Na rexión  EPPO viuse, que ata o de agora, os froitos de J. rexia (nogueira) son os únicos que se viron afectados  por esta praga.

Danos e síntomas:
Nos froitos infestados pódense distinguir as picadas causadas pola oviposición deste díptero. Os cales se distinguen porque xeralmente ao seu ao redor, pasados uns días, xérase unha certa decoloración.  
Esta praga ataca ao mesocarpio e en caso dunha  infestación severa o  pericarpio ou a noz mesma tamén poden verse afectados, o que provoca á súa vez, a caída do froito e a perda do seu valor comercial.
As larvas de R. completa aliméntanse dos tecidos da casca da noz e unha vez maduran, estas deixan que a froita infestada caia ao chan para así poder realizar a pupación.
A alimentación das larvas fai que a  cascara da noz escurézase do mesmo xeito que o froito.
Rhagoletis completa, non se considera unha praga de corentena por ningunha Organización Rexional de Protección Fitosanitaria.
As  infestaciones severas de R. completa nos campos de nogueira, poderían conlevar a unha diminución  importante da produción.

noznoznoz

Distribución:
Segundo o anteriormente mencionado, esta praga é nativa de Norte América. Segundo  EPPO, actualmente en Estados Unidos e en México.
En Europa,  R. completa atópase amplamente distribuída. Este  Díptero detectouse en Suíza, España (Cataluña e actualmente Galicia), Eslovenia, Eslovaquia, Polonia, Holanda, Italia, Hungría, Alemaña, Francia, República checa, Croacia, Bosnia e  Herzegovina, Bélxica e Austria

En España esta praga foi detectada por primeira vez en Cataluña no ano 2014 nunha plantación de nogueira en  Crespià, na provincia de Xirona. En 2019, esta praga volveu detectar noutras plantacións de nogueiras do mesmo municipio. Recentemente, adultos de  R. completa  foron detectados en Galicia  (A Coruña).

Medidas para o control e evitar a propagación da plaga:
Para unha rápida eliminación e na medida do posible,  na zona afectada,  poderíase realizar un tratamento químico cun produto autorizado de maneira inmediata.

 

Avelaiña do buxo, Couza do buxo ou Papabuxos. (Cydalima perspectalis)

Esta couza foi detectada por primeira vez en España no ano 2014 na zona sur de Pontevedra, aínda que nese momento xa había evidencias da súa presenza en Cantabria. É orixinaría das rexións subtropicais do leste de Asia e en Europa detectouse por primeira vez en Alemaña e Holanda no 2007.


Bioloxía

Os adultos soen iniciar a súa actividade a tardiña, teñen unha vida media de dúas semanas e poden poñer uns 200-480 ovos o longo da súa vida. A duración do ciclo dende o estado de ovo, larva e pupa está moi influenciado pola temperatura, variando dende 31 ata 69 días. En Galicia dependendo das condicións climáticas anuais detectáronse dende 2 xeracións nos anos 2014 e 2015 ata 5 no ano 2017. 

Síntomas e danos

Os danos son causados polas eirugas que son de cabeza negra e de cor amarela brillante ao principio tornando a unha cor máis escura con fondo verde. Escóndense na masa foliar, consumindo a folla ata a epidermes.
As plantas atacadas presentan aspecto seco e fortes defoliacións, si estas últimas son moi reiteradas chegan a matar a planta. 

Control

O control máis efectivo se realizase coa detección precoz da eiruga. É moi importante mollar toda a masa vexetal, incluso o interior do seto para alcanzar o maior número de eirugas posible, xa que as  materias activas autorizadas  funcionan por contacto ou inxestión.
Para o seu control é imprescindible realizar tratamentos con produtos fitosanitarios, existindo diferentes materias activas que son eficaces (ver cadro); é importante realizar unha aplicación cando aparecen os primeiros signos xeralmente a principios primavera, debendo mollar moi ben toda a masa vexetal, tamén o interior do sebe; con frecuencia haberá que facer máis dunha aplicación, pois o insecto presenta varias xeracións no ano (actualmente existen trampas de feromonas que permiten levar unha conta dos ciclos, a efectos de aplicar os tratamentos nos momentos máis axeitados). Deberán seguirse estritamente as instruccións das etiquetas. En sebes afectados é convinte facer un lavado a presión antes do tratamento fitosanitario. 

Materia activa Nome Comercial Usos
Bacillus Thuringiensis var. kurstaki 32% Delfin Usuarios non profesionais en calquera ámbito
Deltametrín 2,5%

Decis

Usuarios profesionais
Cipermetrín 10% Ralbi 10 Usuarios profesionais

Nota: este cadro sirve como referencia para orientar e contén algúns dos produtos máis fáciles de atopar, pero debido ao estado de cambio do Rexistro de Fitosanitarios, deberá comprobarse no momento da compra a autorización e aptitude de uso.

Varios

Instrucción importacións de organismos de terceiros países