Seguros agrícolas e gandeiros

Compartir

Os seguros agrarios continúense como unha eficaz ferramenta de protección dos agricultores e gandeiros de todo o Estado contra as adversidades meteorolóxicas, e outros fenómenos alleos ao seu control, que poidan causar perdas nas súas explotacións.

A Consellería do Medio Rural subvenciona a través dos orzamentos da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, a contratación de seguros agrarios, axuda que, engadida á que proporciona o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación mediante a Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), supón un nivel de financiamento que, nalgúns casos, acada o 80% do custo neto das pólizas.

Para axilizar o pagamento destas subvencións, as entidades aseguradoras, integradas na Agrupación Española de Seguros Agrarios Combinados (Agroseguro), descontan no momento da contratación da póliza o importe da subvención que en cada caso corresponda e que logo liquidan coas administracións públicas.

Para máis información sobre o sistema español de seguros agrarios, pódese consultar a páxina de Enesa, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Convocatoria 2023 - Porcentajes de subvención aplicables.
ORDE do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR443A)

44º Plan de seguros agrarios 2023 (BOE núm. 295 do 9 de decembro).

ORDE do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR443A) (código de procedemento MR443A).

Producións e riscos asegurables

Por volume de contratación, en Galicia destacan os seguros gandeiros, moi por diante dos agrícolas e acuícolas.

Así mesmo, entre os seguros agrícolas cabe subliñar que, en Galicia, destacan sobre o resto os seguros de uva de vinificación e para viticultura.