Viveiros e sementes. O Rexistro de Operadores de Vexetais (ROPVEG)

Compartir

Os novos retos que presenta o aumento da mobilidade de vexetais a nivel mundial e o cambio climático en referencia á extensión de pragas dos vexetais, impulsou á UE a establecer unha nova normativa fitosanitaria de aplicación común no interior da UE. Esta normativa ten como obxectivo fundamental evitar a propagación de organismos nocivos dos vexetais no interior do territorio da UE.

Esta normativa da UE xa entrou en vigor o 14 de decembro de 2019. En España o Real Decreto 1054/2021, do 30 de novembro se establecen e regulan o Rexistro de operadores profesionais de vexetais, as medidas para cumprir polos operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigacións dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e modifícanse diversos reais decretos en materia de agricultura.

Segundo este real decreto, os operadores profesionais de vexetais, con algunhas excepcións especificadas nesta norma, deberán de estar rexistrado para poder realizar a súa actividade.

Os operadores exceptuados de inscrición, en calquera caso teñen a obriga de notificar a sospeita o presencia de pragas corentenarias á Consellería do Medido Rural, e tomar as medidas para evitar a súa propagación. Así mesmo, teñen coidar que, os requirimentos de pasaporte fitosanitario en zonas protexidas, se cumpran no subministro directo ao usuario final.

Quen debe de estar rexistrado?

O ROPVEG incluirá a todos os operadores profesionais que realicen algunha das seguintes actividades:

  • Produzan ou comercialicen material vexetal de reprodución (MVR) de acordo coa Lei 30/2006, do 26 de xullo, e a súa normativa derivada.
  • Comercialicen vexetais e produtos vexetais, distintos de MVR, para os que se necesite pasaporte fitosanitario
  • Acondicionen gran para sementa.
  • Outros operadores profesionais:
    • Os recolleitos nun acto de execución da Comisión.
    • Os que teñan requisitos especiais de rexistro para traslado polo territorio da Unión de vexetais, produtos vexetais e outros obxectos, recollidos no anexo VIII ou X do Regulamento de Execución (UE) 2019/2072 da Comisión, do 28 de novembro de 2019.
    • Os que almacenen material vexetal sometido a requisitos de pasaporte fitosanitario recolleitos no anexo XIII e XIV do Regulamento de Execución (UE) 2019/2072 da Comisión, do 28 de novembro de 2019.
    • Os que decida o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en coordinación coas comunidades autónomas no seo do Comité Fitosanitario Nacional, se se xustifica debido ao risco de pragas.
  • Os que introduzan na Unión Europea vexetais, produtos vexetais e outros obxectos para os que é necesario un certificado fitosanitario.
  • Os que soliciten á autoridade competente a expedición dos certificados fitosanitarios para a exportación ou a reexportación.
Quen está exceptuado do rexistro?
  • Subministración exclusiva e directa ao usuario final de pequenas cantidades de vexetais, produtos vexetais e outros obxectos por medios distintos da venda mediante contratos a distancia.
  • Subministración exclusiva e directa ao usuario final de pequenas cantidades de sementes distintas das que estean recollidas no anexo XI do Regulamento de Execución (UE) 2019/2072 da Comisión, do 28 de novembro de 2019.
  • Transportistas a outro operador profesional
  • Transportistas de obxectos que utilizan material de embalaxe de madeira.
Procedemento de Inscripción

Se utilizará o procedemento MR430A Rexistro de operadores profesionais (ROPVEG), farase en liña a través da sede electrónica da xunta

Se poden descargar as instrucións para a inscrición aquí ROPVEG

O solicitante deberá darse de alta no Sistema de Notificación Electrónica de Galicia Notifica.gal, https://notifica.xunta.gal/

A través deste procedemento poderá solicitar os seguintes trámites:

  • Inscrición no ROPVEG
  • Baixa do ROPVEG
  • Modificar datos:
    • Grupos/subgrupos ou categoría do operador profesional
    • Instalacións e/ou localización das parcelas
    • Declaración de actividade do operador profesional
    • Tipo de operador
    • Cambio de sede
    • Cambio de Titularidade
  • Autorización de expedición do pasaporte fitosanitario e etiquetaxe de certificación
  • Autorización de produtor (So produtores)
Tipos de operador

Produtor:

  • Mantedor
  • Multiplicador
  • Colleiteiro
  • Procesador
  • Sen categoría

Comerciante: Inclúe importadores e exportadores.

Operadores de madeira e embalaxes madeira.

Almacéns colectivos, centros de expedición e empresas de loxística.

Empresas acondicionadoras de grao para sementeira.

Empresas de servizos de xerminación de sementes.

Exportadores.

Importadores.

Tipos de produtores

Os produtores de MVR clasifícanse nas seguintes tipoloxías:

a) Produtor mantedor: É o que produce, en por si ou por agrupación ou convenio con outros produtores, MVR parental ou das categorías inicial, base, ou prebase. Así mesmo, poden producir MRV das restantes categorías.

b) Produtor multiplicador: É o que produce:

  • 1º MVR de categoría certificada.
  • 2º MVR de categorías estándar, CAC (conformitas agraria comunitatis) ou comercial.
  • 3º Material forestal de reprodución (MFR), salvo que só realice labores de recolección ou procesamento do mesmo.
  • 4º Mesturas de conservación, salvo que só realice labores de recolección da mesma.
  • 5º Plantóns hortícolas.
  • 6º MVR de variedades de conservación e variedades desenvoltas para o seu cultivo en condicións determinadas
  • 7º MVR de material heteroxéneo ecolóxico.

Produtor colleiteiro: é o que realiza o labor de recolección do material vexetal de reprodución forestal e de mesturas de conservación sen chegar a realizar tarefas de multiplicación.

Produtor procesador: é o que unicamente realiza labores de procesamento, tratamento e envasado do material vexetal de reprodución.

Produtor sen categoría: é o que produce MVR de especies sen regulamento técnico ou con regulamento técnico que non establece categorías.

 

Nota: O produtor mantedor equivale a os anteriores tipos de produtor obtentor e produtor seleccionador.

Obrigas dos operadores profesionais autorizados

I. Os produtores deberán cumprir as seguintes obrigacións:

  • Os produtores quedan obrigados a que o seu persoal técnico reciba a formación pertinente
  • A conservación dos documentos, facturas de compra ou venda, e rexistros escritos ou por outro medio que garanta unha conservación duradeira, de:
    • O MVR adquirido ou importado para produción, almacenaxe ou comercialización ou rexistro de entradas.
    • O MVR en proceso de produción
    • O MVR expedido a terceiros ou rexistro de saídas.
    • Os controis e tomas de mostras realizados no material producido.
  • Estes documentos e rexistros estarán ao dispor dos organismos oficiais responsables, e conservaranse para tal fin por un período de tres anos como mínimo.
  • Permitirán o acceso ao persoal funcionario ou ao persoal designado para o efecto polos organismos ou persoas delegadas, que realizan as funcións de inspección e toma de mostras, así como o acceso aos documentos e rexistros citados na letra b) deste apartado.
  • A realización das declaracións de cultivo e de comercialización
  • Calquera outra obrigación que se estableza nos correspondentes regulamentos técnicos específicos.

As obrigas específicas para cada tipo de produtor son as seguintes:

I. PRODUTOR MANTEDOR

  • Dispoñer de técnicos especializados na materia, con titulación oficial adecuada, inspectores de campo e persoal de laboratorio nos seus distintos niveis en número adecuado aos seus plans de produción das especies para as cales está autorizado e cuxas funcións serán, segundo os casos, dirixir ou realizar os traballos de conservación, mantemento, multiplicación, inspección de campos, manipulación de MVR, e análise e ensaios de laboratorio.
  • O produtor mantedor dos grupos de cultivo 8 ao 14 ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:
    • Dispoñer do material inicial, parental, de prebase ou o correspondente á primeira xeración, ou de base no caso de pataca de sementa
    • Dispoñer de campos suficientes para a obtención da semente ou material vexetal de base e, no seu caso, de xeracións anteriores á de base. A obtención de semente de base e material vexetal de base pódese realizar mediante agricultores-colaboradores, ou por asociación con outros produtores conservadores, coas excepcións que establezan os regulamentos técnicos.
    • Dispoñer de campos suficientes para o precontrol e para o postcontrol das súas producións, de acordo cos regulamentos técnicos específicos.
    • Dispoñer de instalacións propias ou externas capaces para o seu volume de produción. Estas instalacións serán completamente independentes das destinadas a grans de utilización distinta á de sementes. As instalacións comprenderán:
      • As de recepción, selección, preparación, tratamento e envasado de sementes.
      • Almacéns adecuados para a conservación das sementes.
      • Laboratorios suficientemente equipados para as análises e controis das sementes.
    • Os produtores mantedores de especies froiteiras, vide e forestais regulamentadas, dos grupos 1, 3 e 6A, de acordo co Anexo I, cumpre os seguintes requisitos adicionais:
      • No caso de produtores de froiteiros e de vide, dispoñer de campos de planta nai de patróns e variedades de todas as categorías que vaia a producir, adecuados ao seu volume de produción, salvo que se adquira o material de multiplicación doutro produtor rexistrado.
      • Para especies forestais, dispoñer do material inicial do clon rexistrado para a súa multiplicación e, no seu caso, campos de pés nai adecuados ao seu volume de produción.
      • Dispoñer polo menos das seguintes instalacións e maquinaria, propias ou externas:
        • Cámaras acondicionadas para a conservación, estratificación e multiplicación, no seu caso, de sementes, estaquillas ou enxertos
        • Sementeiros, no seu caso.
        • Maquinaria para tratamentos fitosanitarios.
        • Laboratorio para detección de enfermidades.
        • Almacén para a preparación e conservación de plantas de viveiro.
        • Instalacións para a aclimatación de plantas no caso de produción "in vitro".

II. PRODUTOR MULTIPLICADOR

  • No caso de produción de MRV dos grupos de especies 8 ao 14, excepto MVR de variedades de conservación ou de variedades desenvoltas para o seu cultivo en condicións determinadas e MRV de material heteroxéneo ecolóxico, dispoñerán de campos suficientes para a multiplicación de MVR, e técnicos ou inspectores de campo suficientes para o seu volume de produción. Ademais, cumprirán os requisitos seguintes:
    • Instalacións e maquinaria: dispoñer polo menos as seguintes, propias ou externas:
      • Almacén para a preparación e conservación de plantas de viveiro.
      • Maquinaria para tratamentos fitosanitarios.
    • Dispoñer de medios técnicos e humanos para efectuar os controis necesarios establecidos no Regulamento de control e certificación correspondente, e en especial os relativos á detección de organismos  patóxenos prexudiciais.
    • No caso de produción de MRV de especies froiteiras, vide  forestais deben cumprir os seguintes requisitos:
      • No caso de produtores de froiteiras e vide, dispoñer de campos de planta nai de patróns e variedades de todas as categorías que vaia a producir, adecuados ao seu volume de produción, salvo que se adquira o material de multiplicación doutro produtor rexistrado.
      • Para especies forestais, dispoñer, cando cumpra, de campos de pés nai de clons, adecuados ao seu volume de produción, salvo que adquiran o material de multiplicación
      • Instalacións e maquinaria: dispoñer polo menos as seguintes, propias ou externas:
        • Almacén para a preparación e conservación de plantas de viveiro.
        • Maquinaria para tratamentos fitosanitarios.
    • Dispoñer de medios técnicos e humanos para efectuar os controis necesarios establecidos no Regulamento de control e certificación correspondente, e en especial os relativos á detección de organismos  patóxenos prexudiciais.
    • No caso de produción de  MVR de variedades de conservación e variedades desenvoltas para o seu cultivo en condicións determinadas e de  MVR de material heteroxéneo ecolóxico.
    • Dispoñer dos coñecementos, medios técnicos e humanos e instalacións necesarias para o desenvolvemento das actividades que se van a realizar.

III PRODUTOR COLLEITEIRO OU PROCESADOR

  • Dispoñer en cada caso dos coñecementos, medios técnicos e humanos e instalacións necesarias para o desenvolvemento das actividades que se van a realizar.

IV PRODUTOR SEN CATEGORÍA

  • Dispoñer dos medios técnicos e humanos acordes co seu proceso de produción, así como dun sistema de control da calidade do material producido ou comercializado, de acordo coa memoria presentada

 

II. Obrigas dos operadores profesionais autorizados a emitir pasaporte fitosanitario:
1. O operador profesional debe cumprir os seguintes criterios:

  • Demostrar o coñecemento necesario:
    • Das normas aplicables aos exames fitosanitarios.
    • Das mellores prácticas e medidas e outras accións que se requiren para previr a presencia e a propagación das pragas.
    • E a competencia necesaria para realizar os exames e adoptar as medidas.

       Para isto o operador debe realizar os cursos establecidos pola administración para o cumprimento deste criterio. Curso Formación Operadores Profesionais

  •  Dispoñer dun plan eficaz de medidas de loita contra pragas reguladas (pode usar o modelo Plan eficaz-ejemplo.odt).
  • Dispoñer do equipo e as instalacións necesarias.
  • Designar unha persoa de contacto responsable dos asuntos fitosanitarios indicada nesta solicitude.

 

2. As obrigas dos operadores autorizados para emitir o pasaporte fitosanitario son:

  • Someter aos vexetais, produtos vexetais e outros obxectos, a inspeccións para garantir que se cumpran os requisitos para a emisión de pasaportes, é dicir, efectuar un autocontrol para todas as pragas  corentenarias e RNQPs (pragas reguladas non corentenarias) que poidan afectar os vexetais ou produtos vexetais sobre os que exerce actividade. (autocontrol de pragas reguladas)
  • Notificar de inmediato á autoridade competente se sospeita da presenza dunha ou máis pragas  corentenarias da Unión Europea.
  • Identificar e controlar os puntos críticos dos seus procesos de produción e de traslado de vexetais, produtos vexetais e outros obxectos.
  • Conservar durante polo menos tres anos rexistros relativos á identificación e control deses procesos de produción e traslados de vexetais, produtos vexetais e outros obxectos.
  • Velar por que os membros do seu persoal reciban a formación adecuada para poder realizar a inspección para expedir os pasaportes fitosanitarios.
  • Así mesmo, deberán:
    • Presentar as declaracións cultivo e de produción.
    • Dispoñer dun plan eficaz de medidas de loita contra pragas reguladas (pode usar o modelo en Plan eficaz-ejemplo.odt).
    • Dispoñer dun sistema de trazabilidade que permita que permita dispoñer da seguinte información: operadores profesionais que fornecéronlle a unidade comercial (orixe), operadores profesionais aos que lles fornecera (destino), información relativa ao pasaporte fitosanitario, durante, polo menos, tres anos a partir da data desde a subministración de mercadoría.
    • Realizar o curso para operadores de vexetais autorizados para emitir pasaporte fitosanitario.

 

3. Cando os produtores autorizados queiran realizar actividades adicionais ou distintas daquelas polas que constan rexistrados,, deberán comunicalo ao órgano competente da comunidade autónoma onde radiquen a súa sede social e instalacións, achegando a documentación relativa á nova actividade, para que poida ser modificada a autorización, se se cumpren os requisitos para iso e, en consecuencia, a súa inscrición no rexistro.


4. Igualmente, os produtores autorizados comunicarán á autoridade competente os cambios que afecten as informacións e datos achegados na solicitude, así como o cesamento na súa actividade. No caso de cambio da comunidade autónoma onde radica a sede social, esta comunicación irá acompañada dunha solicitude de traslado do expediente de autorización á comunidade autónoma onde radique a nova sede social e terá que expedirse un novo número de rexistro de operador.

Para o cumrpimento destes criterios os operadores teñen á súa disposición os seguintes documentos:

Curso Formación Operadores Profesionais

Os operadores poden facer o curso de formación, requerido para os produtores autorizados a emitir o pasaporte fitosanitario, do seguinte xeito:

  • Remita un correo electrónico ao seguinte enderezo: sspv.cmrm@xunta.gal
  • O texto do correo será o seguinte:

                 Solicito realizar o curso de fomación de operadores profesionais autorizados para emitir os pasaportes fitosanitarios. 
 
                 NOME E APELIDOS:
                 NIF:
                 Correo electrónico:
                 TITULAR1:
                 Nº ROPVEG2:

                 1 Indicar o nome o operador que figura no rexistro de operadores vexetais
                 2 No caso de aínda no estar dado de alta no ROPVEG non fai falta que o poña

  • Enviarase un correo por cada persoa física que faga o curso. Polo menos debe de facelo a persoa que sexa o responsable fitosanitario. 
    O correo electrónico é individual, non pode haber persoas distintas que faga o curso co mesmo correo electrónico.
  • Despois de enviar o correo recibirá un correo informándolle do seu usuario e contrasinal para entrar no curso.
  • Unha vez que reciba o usuario e a clave poderá acceder ao curso a través da plataforma de formación da Consellería do Medio Rural https://formacion-mediorural.xunta.gal
Declaración de cultivo e declaración de produción

Os operadores profesionais rexistrados no ROPVEG deberán presentar por vía electrónica, a través de OVSAVE (Oficina Virtual de Sanidade Vexetal, https://ovsave.xunta.gal/ovsave/ ), o seguinte:

1. Declaración de cultivos: So para produtores, deberá presentala anualmente e antes do prazo que corresponda cada grupo de cultivo do que sexa produtor.
Anexos declaracións de cultivos
Forestais grupo 6 e 6A (Anexo I)
Froiteiras grupos 1A, 1B, 1C,1D, 1E, 1F, 2 e 3 (Anexo II)
Campos plantas nai grupos 1A, 1B, 1C,1D, 1E, 1F, 2 e 3 (Anexo III)
Fungos grupo 7 (Anexo IV)
Ornamentais e aromáticas grupos 4 e 5 (Anexo V)
Sementes grupos 8, 9,10,11,12,13,14 (Anexo VI)
Exemplo de como cubrir a declaración de cultivo

2. Declaración anual de vexetais: Para os tipos de operador Produtor, Comerciante e os outros tipos de produtores autorizados a emitir o pasaporte autorizado. A data para presentar a declaración anual de vexetais e antes do 30 de abril.
Titorial para facer a declaración online


Nesta declaración tamén se tramitará a solicitude de autorización para a emisión de pasaporte fitosanitario para as especies que o operador aínda non teña autorizadas.
No caso de que o produtor non presente estas declaración nun prazo de máis de dous anos podería revogarse ou modificarse, segundo proceda, a inscrición no ROPVEG ao operador.
Para facer estas declaracións durante o procedemento de inscrición o operador deberá estar dado de alta en OVSAVE. Se aínda non está dado de alta para poder acceder ao módulo de declaración de cultivo poderá facelo a través.

Pasaporte fitosanitario

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/agricultura/viveros-y-semillas/pasaporte-fitosanitario

Normativa

Estatal

Real Decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que se establecen e regulan o Rexistro de operadores profesionais de vexetais, as medidas para cumprir polos operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigacións dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e modifícanse diversos reais decretos en materia de agricultura.
Lei 30/2006, do 26 de xullo, de Sementes e Plantas de Viveiro e de Recursos Fitoxenéticos.
Lei 43/2002, do 20 de novembro, de Sanidade Vexetal.

Comunitaria

Regulamento (UE) 2016/2031 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, relativo ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais, polo que se modifican os Regulamentos (UE) n.º 228/2013, (UE) n.º 652/2014 e (UE) n.º 1143/2014 do Parlamento Europeo e do Consello e deróganse as Directivas 69/464/CEE, 74/647/CEE, 93/85/CEE, 98/57/CE, 2000/29/CE, 2006/91/CE e 2007/33/CE do Consello.