Mellora da cadea alimentaria

Compartir

Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamiento da cadea alimentaria

A Lei 12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria publicouse no BOE núm. 185, de 3 de agosto de 2013 e entrou en vigor aos 5 meses da súa publicación, o 3 de xaneiro de 2014.

A lei ten como finalidade mellorar o funcionamento e ordenamento da cadea alimentaria de xeito que aumente a eficacia e competitividade do sector agroalimentario e redúzase o desequilibrio nas relacións comerciais entre os diferentes operadores da cadea de valor, no marco dunha competencia xusta que redunde en beneficio non só do sector, senón tamén da cidadanía.
 

Contratos alimentarios

A lei establece que deben formalizarse contratos alimentarios por escrito antes da entrega dos produtos agrícolas ou alimentarios en todas as relacións comerciais que se produzan entre os operadores da cadea alimentaria desde a produción á distribución.


Produtos aos que se aplica:

Produtos Agrícolas e Alimentarios contemplados no Anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, así como calquera outra substancia ou produto destinado a ser inxerido por os seres humanos ou con probabilidade de selo, tanto se foron transformados, enteira e parcialmente, coma se non.
 

Relacións comerciais as que se aplica:

A Lei é tamén aplicable ás relacións comerciais cando un dos operadores está establecido en España e o outro nun Estado membro da UE, cando non resulte de aplicación a lexislación doutro Estado membro. Neses caos deberá indicarse expresamente no contrato a qué lexislación está suxeita a relación comercial.

Con independencia da lexislación aplicable, cando unha das partes este establecida en España, e a outra nun Estado no membro da UE, aplicaranse sempre as prohibicións e sancións desta lei.

Serán tamén relacións comerciais,as compras de animais vivos, os piensos e todas as materias primas e ingredientes utilizados para alimentación animal.
 

Excepcións da Aplicación

  • Cando o importe da transacción sexa inferior a 1.000 €.
  • Cando se pague ao contado e exista unha factura acreditándoo.
  • No caso de entregas de produtos de socios ás súas cooperativas e entidades asociativas cando os estatutos ou acordos recollan o procedemento para determinar o valor do produto entregado polos  socios e o seu calendario, e exista unha comunicación fidedigna aos socios e estea aprobado polos órganos de goberno.
  • No caso de empresas de hostalaría e restauración cun volume de facturación < 10 M€,  e as empresas que presten servizos de aloxamento, cun volume de facturación < 50 M€.
  • Empresas dedicadas ao transporte dos produtos.
  • Venda a consumidores finais
     

Contido mínimo dos contratos

  • Identificación das partes contratantes.
  • Obxecto do contrato, indicando as categorías e referencias  contratadas.
  • Prezo do contrato, con expresa indicación de todos os pagos, incluídos os descontos aplicables.
  • Condicións de pago.
  • Condicións de entrega e posta ao dispor dos produtos.
  • Dereitos e obrigacións das partes contratantes.
  • Información que deben subministrar as partes entre si, para asegurar o cumprimento dos seus obrigacións contractuais.
  • Duración do contrato, indicando expresamente a data de entrada en vigor, condicións de renovación e modificación.
  • Causas, formalización e efectos da extinción do contrato.
  • Conciliación e resolución de conflitos.
  • Penalizacións por non conformidades.
  • Excepcións por causa de forza maior.


Rexistro dixital de contratos alimenticios

Os contratos deberán rexistrarse no Rexistro Dixital de Contratos Alimentarios, na páxina web www.aica.gob.es. O comprador deberá rexistrar todos os contratos alimentarios, incluíndo as súas modificacións, que subscriba cos produtores primarios e as agrupacións destes antes da entrega dos produtos.
 

Contratación no sector lácteo

Esta lei é de aplicación supletoria ao sector lácteo, sen prexuízo das especificidades recollidas na normativa reguladora do paquete lácteo, que prevalecerá en todo o que se separe desta lei.

O paquete lácteo esta regulado polo Real Decreto 95/2019 polo que se establecen as condicions de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacions de produtores e das organizacions interprofesionais no sector.

Esta norma aplicase a todas as subministracións de leite cru desde que o leite sae dun produtor ata que chega a un transformador. Tamén aos intermediarios, se existen.


Divulgación:

Presentación sobre a lei da cadea alimentaria


Máis información en:

https://fogga.xunta.gal/gl/sector_lacteo/observatorio_do_sector_lacteo/paquete_lacteo

Prezos medios nacionais

Observatorio de prezos do MAPA

Plataforma de cálculo de custos de explotacións lácteas de Galicia

Plataforma de cálculo de custos de explotacións de vacún de carne de Galicia

Cotizacións Mercado Nacional de Gando Santiago de Compostela

Mesa de prezos "Ternera Gallega"