Defensa do monte

Compartir

Os incendios forestais poden constituír unha ameaza para o desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia.

A política de defensa do medio rural contra os incendios, pola súa vital importancia para a Comunidade Autónoma, non pode ser implementada de xeito illado, senón integrándose nun contexto máis amplo de planificación do territorio e de desenvolvemento rural, comprometendo todas as administracións, as persoas propietarias de terreos forestais, os labregos e labregas, as comunidades de montes veciñais en man común, a sociedade do medio rural e en xeral o conxunto da cidadanía.