Convenios de prevención e defensa con entidades locais

Compartir

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural.

Así, no artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición.

Tamén no seu artigo 59 establece que a Xunta de Galicia colaborará coas entidades locais para a prevención e a extinción de incendios, ben a través de medios propios ben por medio de mecanismos de apoio económico. A tal efecto incluiranse nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dotacións económicas para o asinamento de convenios de colaboración cos concellos para a redacción dos plans municipais de prevención e defensa contra incendios forestais, nos termos establecidos no artigo 16, e para a realización de traballos preventivos nas vías e montes de titularidade municipal e na xestión da biomasa das parcelas de propietario descoñecido, determinadas en análises da propiedade de conformidade co establecido no artigo 16.2, e co fin de que poidan ter recursos para exerceren as competencias previstas nela consonte o artigo 331.1 da Lei 5/1997, do 5 de agosto, de Administración local de Galicia.

Polo que a Consellería do Medio Rural no marco descrito asinou, coa grande maioría das entidades locais de Galicia, un convenio de colaboración para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) que inclúe algunha/s das seguintes accións:

  • A participación na defensa contra incendios forestais mediante a actuación de vehículos motobomba de propiedade municipal.
  • A realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado.
  • A contratación de brigadas para o desenvolvemento de labores de vixilancia e defensa e para a realización de traballos de prevención de forma manual.
     

A Consellería do Medio Rural achega un conxunto de modelos de carácter unicamente orientativo á fin de facilitar, dun xeito harmonizado, a xustificación do dito convenio de colaboración:

Modelos de xustificación do convenio de colaboración 2021
  1. Programa de actuacións
  2. Aprobación do Programa de actuacións
  3. Comunicación de inicio do Programa de actuacións
  4. Prazo de operatividade dos medios
  5. Xustificacións final do convenio
  6. Declaración de non existencia de débedas
  7. Xustificación do pagamento final (motobomba – persoal)
  8. Xustificación do pagamento final (motobomba – outros gastos)
  9. Xustificación do pagamento final (persoal brigadas)
  10. Xustificación do pagamento final (brigadas vixilancia e defensa – outros gastos)
  11. Xustificación do pagamento final (brigadas prevención de incendios – outros gastos)
  12. Xustificación do pagamento final (persoal tratamentos preventivos)
  13. Xustificación do pagamento final (outros gastos)
  14. Memoria económica de actuacións preventivas
  15. Memoria xustificativa de actuacións preventivas
  16. Declaración doutras axudas
  17. Declaración ive non deducible
Modelos de xustificación do convenio de colaboración 2020
  1. Programa de actuacións
  2. Aprobación do Programa de actuacións
  3. Comunicación de inicio do Programa de actuacións
  4. Prazo de operatividade dos medios
  5. Xustificacións final do convenio
  6. Declaración de non existencia de débedas
  7. Xustificación do pagamento final (motobomba – persoal)
  8. Xustificación do pagamento final (motobomba – outros gastos)
  9. Xustificación do pagamento final (persoal brigadas)
  10. Xustificación do pagamento final (brigadas vixilancia e defensa – outros gastos)
  11. Xustificación do pagamento final (brigadas prevención de incendios – outros gastos)
  12. Xustificación do pagamento final (persoal tratamentos preventivos)
  13. Xustificación do pagamento final (outros gastos)
  14. Memoria económica de actuacións preventivas
  15. Memoria xustificativa de actuacións preventivas
  16. Declaración doutras axudas
  17. Declaración ive non deducible

Para calquera dúbida, teléfonos de atención: 981540333 - 981546067 - 981546059

 

Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias

Con data 09.082018, a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga asinaron un convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, publicado por Orde da Consellería do Medio Rural de data 9 de agosto de 2018 (DOG núm. 156 do 17.08.2018), co obxecto de instrumentar a cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga, e a Fegamp, cos concellos que voluntariamente se adhiran. Deste xeito, canalízase a devandita cooperación como vía para acometer tarefas de claro interese público como é a de xestionar a biomasa vexetal con alto potencial combustible nas denominadas faixas secundarias de xestión da biomasa, que se delimitan nos terreos forestais que estean cerca dos núcleos de poboación, asegurando a súa retirada con anterioridade á época de perigo de incendios por parte das persoas titulares das parcelas, así como, en caso de incumprimento destas obrigas esenciais, asegurar a súa execución subsidiaria, a través de procedementos áxiles, por parte das administracións públicas. O obxectivo final non é outro que mellorar a prevención de incendios de modo que se acade a diminución do número de incendios forestais nas zonas da interface urbana garantindo así o interese público da seguridade de persoas e de bens.

A subscrición por parte dos concellos a este convenio implica as seguintes actuacións:

  • Elaboración técnica da documentación necesaria para a aprobación do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais e en particular, a labor necesaria para a determinación e definición das faixas secundarias de xestión de biomasa da súa competencia.
  • Preparación técnica das comunicacións que deben ser enviadas ás persoas responsables polos concellos.
  • Elaboración técnica do anuncio que para ser publicado no DOG e BOE con indicacións dos datos catastrais da parcela cando non se puidera determinar a identidade das persoas responsables ou resulte infrutuosa dita comunicación.
  • Elaboración técnica dos documentos base dos actos administrativos para iniciar o procedemento de execución subsidiaria das obrigas de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas.
  • Elaboración técnica dos documentos base para dar traslado da resolución de execución subsidiaria ao órgano competente para incoar o procedemento sancionador.
  • Realización das actuacións de xestión da biomasa, derivadas da resolución de execución subsidiaria dos traballos de xestión de biomasa adoptada polos concellos adheridos.

Con data 15.04.2019, a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga asinaron a primeira addenda ao devandito convenio, publicado por Resolución da Consellería do Medio Rural de data 26 de abril de 2019 (DOG núm. 90 do 13.05.2019), que incluía as seguintes modificacións principais:

  • Establecemento dos criterios de prioridade que terá en conta a Comisión de seguimento do convenio e que permitirá actuar nos diferentes ámbitos da colaboración comprendida no sistema público de xestión da biomasa.
  • Establecemento dos importes mínimos para cada anualidade para o financiamento do convenio, que se farán efectivos mediante a creación dun subfondo dentro do Fondo de Cooperación Local, que incrementarán a dotación económica total do convenio na anualidade correspondente.
  • Reforzo na colaboración tamén implica o desenvolvemento dun sistema informático para o control das actuacións a través da denominada plataforma para a xestión da biomasa, e dun visor para mellorar a transparencia do sistema.
  • Establecemento dunha nova acción consistente na colaboración financeira con proxectos piloto públicos ou privados de mobilización de terras nas faixas secundarias de xestión da biomasa que teñan como obxectivo combater o abandono de áreas rurais ou a xestión da biomasa a medio e longo prazo.

A vixencia do convenio prorrogouse nun ano adicional ata o 31.12.2022

Con data 28.11.2019, a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga asinaron a segunda addenda ao devandito convenio, publicado por Resolución da Consellería do Medio Rural de data 5 de decembro de 2019 (DOG núm. 6 do 10.01.2020), que incluía as seguintes modificacións principais:

  • Desenvolvemento dunha nova ferramenta en mobilidade (app), a maiores do sistema informático para o control das actuacións en campo que xa contempla o convenio, de xeito que permita a consulta da base de datos para o apoio das tarefas a realizar in itinere.
  • A inclusión da posibilidade de que os concellos adheridos poidan realizar execucións subsidiarias segundo as especificacións que se establecen, de ata 5 ha por ano.
  • A simplificación dos trámites administrativos para a aplicación dos ingresos que se perciban da venda das especies arbóreas incluídas na execucións subsidiarias.
  • A introdución das iniciativas de mobilidade de terras nas faixas secundarias de xestión de biomasa que van a permitir a recuperación das terras agrarias de Galicia e a prevención e loita contra os incendios forestais. Así mesmo, introdúcense as iniciativas estratéxicas co obxectivo prioritario de reducir o risco de incendios,
  • Unha modificación das obrigas de Seaga na xestión e venda dos residuos e subprodutos de natureza forestal.
  • Incorporación dunha cláusula en materia de protección de datos que garanta a confidencialidade no tratamento da información catastral.

Á data de hoxe (24.02.2020), son 258 os concellos adheridos ao convenio.

Entregáronse 186 plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais elaborados por Seaga no marco do convenio.

En 2019 priorizáronse un total de 70 parroquias de 35 concellos cunha superficie de 4.800 ha de actuación potencial nas faixas secundarias delimitadas nelas. Nas faixas secundarias das parroquias priorizadas leváronse a cabo as seguintes actividades:

Ata o 31.01.2020 asináronse un total de 1.850 contratos de adhesión de particulares afectaban a 5.486 parcelas distintas, que sumaban un total de 330,61 ha de superficie. De acordo co establecido no convenio, nestes casos o sistema público asume a xestión de biomasa, cun custo de 350 €/ha para as persoas titulares.

En total revisáronse 70.898 parcelas para inspeccionar e comprobar se os seus titulares estaban a cumprir coa súa obriga de xestionar a biomasa e de retirar árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril (principalmente eucaliptos, pinos e acacias). As parcelas inspeccionada supoñen un total de 4.567,60 ha.

Para cubrir as actuacións do ano 2019, e mentres non estea plenamente desenvolvido o sistema informático para o control das actuacións a través da denominada plataforma para a xestión da biomasa, desenvolveuse unha aplicación intermedia que conta xa con 218 usuarios de 120 concellos.

Aprobáronse pola Comisión de seguimento do convenio un total de 5 iniciativas de mobilidade de terras nas faixas secundarias.