PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

Compartir

O Programa Operativo componse de obxectivos temáticos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse o 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

A Dirección Xeral de Defensa do Monte desenvolve unha actuación dentro do marco do obxectivo específico que se detalla a continuación:
 

Obxectivo Temático 05 Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos
Prioridade de Investimento 05.02 Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes
Obxectivo específico 05.02.01 Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo Protección Civil
Actuación CPSO 5.2.1.1 Renovación da frota de vehículos motobomba contra os incendios forestais

 

O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará o público do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio da internet, de maneira proporcional ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.