Concentracións e reestruturacións parcelarias

Compartir

A histórica fragmentación da propiedade da terra en Galicia dificultou o crecemento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o óptimo aproveitamento da superficie.

Cos procesos de concentración parcelaria preténdese conseguir unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona.

Unha das prioridades da Consellería do Medio Rural consiste en axilizar os trámites das concentracións parcelarias que están na fase final de execución, co fin de que os seus propietarios poidan conseguir unha maior rendibilidade da produción agraria e unha mellor ordenación da terra en función dos usos.

Pero para seguir mellorando as estruturas agrarias de Galicia desde esta consellería apostouse por un novo texto normativo que supón un salto cualitativo na reestruturación do agro galego, poñendo a terra con vocación agraria en valor e fomentando a creación de riqueza a través da optimización do seu uso polas explotacións agrarias.

Co novo texto normativo preténdese a mellora das estruturas agrarias orientada a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións atendendo a criterios como os potenciais cultivos da zona, a iniciativa privada...

Así mesmo, estes procesos de mellora das estruturas deben de combinarse coa aposta polo Banco de terras de Galicia, de forma tal que se fortalezan as diferentes accións na procura de facilitar o aumento da base territorial das explotacións, xa que permite poñer a disposición das mismad, a terra que necesiten para facelas máis competititvas. 

Enlaces de interese: