ECOGAN

Compartir
Que é Ecogan?

É un sistema informatizado desenvolvido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en coordinación co Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que permite rexistrar as Mellores Técnicas Dispoñibles (MTDs) aplicadas na granxa así como estimar as emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro e o consumo de recursos dunha granxa concreta ao longo do proceso produtivo.

Por que e para que?

Ecogan desenvolveuse para prover ao sector gandeiro e ás autoridades competentes dun soporte a nivel nacional que facilite a notificación ao Rexistro Xeral das Mellores Técnicas Dispoñibles aplicadas en cada granxa, así como o cálculo o seguimento e a notificación das emisións de cada granxa, imprescindible para poder estimar as excretas e reducións obtidas coa aplicación das MTDs.

Para quen?

Os destinatarios desta aplicación informática son os titulares das granxas obrigadas por normativa, o público en xeral (permite facer simulacións) e as autoridades competentes encargadas da valoración e xestión da información.

Estou obrigado a declarar?

Deberán realizar a declaración de MTDs aplicadas na granxa aqueles titulares da explotación gandeira que estean obrigados pola normativa de ordenación aplicable ao seu sector gandeiro. Dita declaración deberá notificarse á autoridade competente da súa comunidade autónoma a través do formato establecido por esta.

Cando?

Debido a dificultades técnica con la aplicación ECOGAN  el plazo de presentación de declaraciones se amplia hasta el 15 de marzo de 2023.

A notificación de MTDs ao Rexistro Xeral MTDs levarase a cabo segundo a periodicidade establecida na normativa de ordenación de cada sector gandeiro. No caso do sector porcino, o artigo 16.2 do Real Decreto 306/2020, do 11 de febreiro, establece que o titular da explotación deberá realizar, a declaración anual, antes do 1 de marzo de cada ano, das Mellores Técnicas Dispoñibles aplicadas na súa explotación durante o ano anterior.

No caso das aves, o 12 de maio de 2023 publícase a modificación da disposición derradeira sétima do Real decreto 637/2021 relativa á xestión das aves de curral dentro do artigo 17 do Real decreto lei 4/2023, do 11 de maio,  comunicación por parte dos gandeiros das Mellores Técnicas Dispoñibles nesta especie.
 

Os prazos para a primeira declaración de aves son:

  • Para Broilers: as comunicacións dos gandeiros a ECOGAN 2022  realizaranse entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2023 incluidos.
  • As comunicacions dos gandeiros a ECOGAN 2023 realizaránse entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2024 incluidos. (*)
  • Para poñedoras: as comunicacións dos gandeiros a ECOGAN realizaranse entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2024 incluídos
  • Para pavos: as comunicacións dos gandeiros a ECOGAN 2025 realizaránse entre ol 1 de xaneiro de 2026 e o 28 de febreiro de 2026 incluidos.
     

(*) Dada a proximidade entre a declaración de brolilers 2022 e 2023 no  caso de non ser presentada a de 2023 considerarase a de 2022 como válida.

Como acceder a Ecogan?

O acceso a Ecogan pode realizarse mediante “Perfil público”, con acceso unicamente ao simulador, ou mediante “Perfil gandeiro” con acceso a todas as utilidades de Ecogan.

A) Perfil público:
Para rexistrarse como usuario con perfil público en Ecogan, para os usuarios que non teñen granxas asociadas e que só van acceder ao simulador de Ecogan, é necesario que remita á caixa de correos de correo ecogan@xunta.gal con asunto “Solicitude de alta en Ecogan público: (Nome ou razón social)” a seguinte información: o nome e apelido, NIF e correo electrónico. Unha vez rexistrado no sistema, este xerará un correo electrónico automático dirixido ao usuario, indicando o seu usuario e contrasinal, que poderá modificar máis tarde.

B) Perfil gandeiro:
Para rexistrarse como usuario con perfil gandeiro en Ecogan, é necesario estar rexistrado previamente no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA). Acceso a Ecogan polos titulares de explotación por primeira vez:

1) Persoas físicas:
Acceda a través da ligazón a Ecogan, aparecerá un formulario no que terá que introducir o seu NIF, nome, apelidos, correo electrónico e un código REGA. O sistema de altas remitiralle directamente un correo electrónico co seu usuario e contrasinal, que poderá modificar máis tarde. Posteriormente, o usuario poderá acceder co seu usuario e contrasinal ou co seu certificado electrónico.

2) Persoas xurídicas (sociedades, cooperativas, comunidade de bens, …):
Para o alta en Ecogan é necesario que remita á caixa de correos de correo: ecogan@xunta.gal con asunto “Solicitude de alta en Ecogan: (Nome ou razón social)” a seguinte información:

  • Nome e apelidos do solicitante (representante legal que actúa en nome do titular de explotación)
  • NIF do solicitante
  • Nome ou razón social do titular de explotación.
  • NIF do titular de explotación (CIF).
  • Un código de explotación gandeira (código de identificación da explotación gandeira segundo art. 5 do RD 479/2004, REGA) situado na comunidade autónoma vinculado ao titular de explotación.
  • Correo electrónico de contacto.
  • Documento acreditativo de que o solicitante (representante legal) pode actuar en nome do titular de explotación.

Unha vez rexistrado no sistema, este xerará un correo electrónico automático dirixido ao usuario, indicando o seu usuario e contrasinal, que poderá modificar máis tarde. Posteriormente, o usuario poderá acceder co seu usuario e contrasinal ou co seu certificado electrónico.

Atención ao Usuario

Para consultar calquera dúbida sobre o funcionamento da aplicación informática Ecogan, por favor póñase en contacto na seguinte dirección de correo: ecogan@xunta.gal

Aves Carne
Aves de Posta

 

Porcino
Vacún