A Consellería do Medio Rural, na súa intención de favorecer a racionalización do uso dos factores de produción, convoca axudas para acometer proxectos de carácter agropecuario de explotación conxunta polo socios de entidades asociativas, que teñan como obxectivo un marcado carácter innovador ou de introdución de novas tecnoloxías, así como de incorporación de novos procesos ou de obtención de novos produtos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias á actividade dos socios, e que promovan o aumento da rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas e a mellora das condicións do traballo.
Para máis información, diríxase ao Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario.
Links de interese
- Convocatoria 2016
- Beneficiarios 2016
- Convocatoria 2017
- Beneficiarios 2017
- ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR323C)