Incorporación de novos agricultores

Compartir
Procedemento: MR404B. Axudas ao establecemento de novas persoas agricultoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

A Consellería do Medio Rural, na súa intención de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores axeitadamente formados e, en particular, a remuda xeracional, dado que esta incorporación require a realización de fortes gastos e investimentos por parte da persoa moza que en ocasións non farían viable esa incorporación se o esforzo económico tivese que soportalo integramente a persoa moza, publica a ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Estas axudas están cofinanciadas nun 60 % con fondos Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia.

Plan: Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

Encaixe estructural no plan:

Intervención 69612 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas
a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais.
    Subintervención 68612_01 Novas persoas agricultoras.

Finalidade:

  • Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
  • Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Beneficiarios:

Persoas que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teñan cumpridos os corenta e un anos anos e non teña cumpridos os cincuenta e seis anos, e se estableza nunha explotación agraria, por primeira vez ou nos doce meses anteriores á mesma, como xefe de explotación, de xeito individual, como cotitular ou como persoa socia.

Prazos:

  • Solicitude: 3 meses dende o día seguinte á publicación da orde no DOG.
  • Xustificación: máximo de 24 meses dende a concesión da axuda.
  • Obrigación de permanecer na actividade agraria durante o prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.  

Lugar e forma de presentación das solicitudes:

  • As solicitudes presentaranse obligatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática MELLES, a que acceder mediante o seguinte enlace: https://melles.xunta.gal/melles/sede

Servizo xestor: Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario.

Para máis información, diríxase á Oficina Rural máis próxima á súa localidade.

Links de interese:

FAQS

1.- Para ser Xefe de explotación é necesario estar cotizando pola actividade agraria?
Si.

2.-  Para ser Xefe de explotación é necesario ter ingresos agrarios?
Non.

3._Unha persoa nova agricultora terá que cotizar pola actividade agraria? 
Si.

4._Cal é a Renda de Referencia para 2024?
Son 34.049,72 euros.

5._ As persoas agricultoras mozas e novas agricultoras poden ser socios da explotación, cotizar na actividade agraria e ter ingresos agrarios previamente aos 12 meses anteriores á solicitude da axuda?
Si. 

6._As persoas agricultoras mozas e novas agricultoras poden ser xefes de explotación antes dos 12 meses anteriores á solicitude de axuda?
Non.

7._Na axuda de establecemento de persoas mozas e novas agricultoras, que quere dicir o requisito “Non ter recibido axuda por primeira instalación”?
Quere dicir que a persoa moza o nova agricultora non poderá ter unha axuda anterior de primeira instalación aprobada e sen renuncia á aceptación da mesma (presentada nos dez días hábiles posteriores á súa notificación de concesión).

8.- Na axuda de establecemento de persoas novas agricultoras, que quere dicir o requisito “non considerarse instalado”?
Quere dicir que se fai máis de 12 meses que é xefe de explotación será considerado como xa instalado, e non cumprirá o requisito establecido na axuda.

9._ Se teño unha explotación de autoconsumo podo acceder ás axudas de establecemento de agricultores mozos e novos agricultores?
Si.

10._ Nas axudas de incorporación de mozos e novos agricultores, pódense superar o 120% da renda de referencia?
Si.

11._Teño que ter un ano de antigüidade da explotación para solicitar calquera das axudas MR405?
Non, so teñen que poder demostrar que a súa actividade principal é a agraria.

12._ Cal é a diferenza entre unha pequena explotación e unha explotación agraria aos efectos desta axuda?
A Renda Unitaria de Traballo (RUT) da pequena explotación é inferior ao 35% da renda de referencia de 2024 (RR), mentres que a RUT da explotación agraria debe ser maior ou igual ese valor.
Recordamos que a RUT da pequena explotación debe ser igual ou superior ao 20% e inferior ao 35% da RR.

13._Son compatibles estas axudas con outras para os mesmos investimentos?
Si, ata cumprimentar a porcentaxe máxima de axuda establecida.

14._Nesta campaña 2024 serían subvencionables as colleitadoras de forraxes autopropulsadas e e os carros mesturadores?
Si.

15._ Os gastos xerais teñen un máximo e un mínimo?
Si, establécense entre 3.000 euros e 10.000 euros por Unidade de traballo agrario (UTA), ambas cantidades incluídas. Nos gastos xerais reflectiranse os custes de seguridade social da explotación.

16._Os gastos de seguridade social dos traballadores da explotación poden incluírse nos gastos xerais da explotación?
Si.

17._ Cales son as porcentaxes consideradas para o cálculo da amortización e dos gastos de mantemento de maquinaria, instalacións e construción?
Considéranse os datos seguintes para os cálculos:

  • Maquinaria: 10 anos para a amortización e 4% do valor de compra para os gastos de conservación e mantemento.
  • Construcción e instalacións: 20 anos para a amortización e 2% do valor de construción/compra para os gastos de conservación en mantemento.

En todos os casos, considérase que hai gastos de conservación e mantemento mentres a maquinaria/construción/instalación siga estando na explotación.

18_En canto á viabilidade económicas das axudas, podo optar por uns valores de Produto Bruto e Gastos Variables distintos dos establecidos na Orde sen que se considere un plan aberto? 
Si, admítense unha variación dun 5% en ditos valores sen necesidade de xustificación documental en situación prevista.

19._ Pódese pedir so maquinaria nas axudas MR405F e MR405G?
Si, ata un importe máximo do 30% de 300.000 euros, que son 90.000 euros para MR405F. O caso de MR405G, o importe máximo é o 30% de 75.000 euros, que son 22.500 euros.

20._ Onde podo actualizar os datos da miña explotación existente?
Os datos de inventarios de maquinaria/instalacións/construcións, orientacións e traballadores actualízanse na aplicación XEAGA (https://xeaga.xunta.gal). Despois a aplicación MELLES (https://melles.xunta.gal/melles/sede)  recuperará eses datos e incluiraos automaticamente na solicitude de axuda que se cree. 

O trámite de ter que dar de alta un novo socio da explotación non poderá facerse directamente en Xeaga. Deberá solicitarse a alta en REAGA.
No caso de querer eliminar un socio existente na explotación pode facer directamente en XEAGA. Se a eliminación un socio implica modificar a porcentaxe de participación na sociedade dos restantes, deberase borrar a totalidade dos socios e voltar a crealos ca porcentaxe de participación definitiva.

Os cambios poderán facerse tamén directamente en Melles, pero estes non se  trasladarán automaticamente a XEAGA, e polo tanto non estarán dispoñibles para outros borradores de axuda.

21._ Que datos de maquinaria se trasladan á solicitude de Melles desde XEAGA?
A aplicación Melles recolle as máquinas con inscripción do ROMA pertencentes ao titular da explotación e todas as máquinas que non precisan inscrición no ROMA e estean incluídas no inventario da explotación en XEAGA.

22._ É posible solicitar como investimento auxiliable a compra de terreos nas liñas MR405D e MR405E?
Si sempre que se adiquen á construción ou instalación das melloras admisibles en ditas liñas de axuda.

23._ Pódense solicitar melloras relacionadas ca mitigación ou adaptación do cambio climático nas liñas de axuda MR405F e MR405G?
Si, estas melloras poderán solicitarse nestas dúas liñas, sempre que non se teñan solicitado xa nas liñas MR405D e MR405E.

24._ Que se entende por explotación Intensiva a efectos destas axudas?
No caso e explotacións gandeiras considéranse intensivas as explotacións que no Rexistro de Explotación Gandeiras (REGAN) están clasificadas como “Intensivas” ou “Non extensivas”.

No caso de explotacións agrícolas, consideraranse intensivas, como mínimo as seguintes:

  • Cultivos hidropónicos
  • Cultivos baixo plástico
  • Viveiros
  • Oliveira non tradicional

25.- Se xa teño unha esterqueira, podo solicitar axuda para construír a cuberta?
Si, empregando a clave de mellora 5100_Outros investimentos e presentando tres orzamentos.

26._ Algunhas consideracións sobre a construción de fosa de xurro:

  • Acreditar volume suficiente para 6 meses: calcularase seguindo o establecido na Consellería de Medio Ambiente. Os cálculos faranse en situación prevista.
  • Nas fosas de xurro temos dúas opcións, segundo cumpran ou non as dimensións establecidas na norma complementaria (establecida na Orde de convocatoria destas axudas):
    • A fosa de xurro cumpre as dimensións: nese caso, so habería que cubrir a fosa.
    • A fosa non cumpre as dimensións: A fosa debe cumprir a MTD deste xeito:
      • 3 lados totalmente pechados. O lado restante dos lados pode levar aperturas de ventilación.
      • En varios lados poderá levar portas pechadas para introducir o batedor de xurro.

27._ Cal é o volume de almacenamento da fosa de xurro?
Desde a altura do muro ata o nivel do xurro debe haber un mínimo de 50-75 cm, que chamamos marxe libre.
Os cálculos de volume faranse cas dimensións interiores da fosa, descontando a marxe libre no caso da altura. Esta altura de cálculo considérase ata o fondo da fosa, non da cimentación da fosa. 

28._ Algunhas consideracións sobre as esterqueiras:

  • Teñen que cumprir as MTD. Hai dúas opcións que cumpren:
    • Esterco tapado cunha manta (clave da mellora 6231_m2 plataforma formigón/soleira)
      • conta con soleira impermeable e un sistema de recollida de lixiviados
      • manta: non é auxiliable nas axudas de Melloras estruturais, ao ser un consumible
    • Construcción dun cuberto (clave da mellora 6316_esterqueira)
      • 3 paredes, sen mínimo de altura das paredes e altura libre ata a cuberta.
        O material non está definido, pero se o esterco se apoia nos muros, estes serán de formigón.
        O módulo será o mesmo no caso de cuberta flexible ou fixa.
      •  soleira impermeable e contará cun sistema de recollida de lixiviados
        O módulo calcúlase por m3, polo tanto, a altura das paredes (que non da cuberta) determinará o valor final do módulo.

29._A efectos de solicitar o pago, cando se entende que unha actuación está finalizada?
Unha actuación está finalizada cando o conxunto dos investimentos solicitados e aprobados nese expediente remataron a súa execución e pagamento. 

30._Os gastos de seguridade social dos traballadores da explotación poden incluírse nos gastos xerais da explotación?
Si.

31._Que quere dicir que Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán subvencionables no período de gracia de 12-24 meses?
Quere dicir que solo se pode subvencionar un investimento se non é un requisito establecido por unha norma da UE, salvo que esteamos dentro do período de 12-24 meses que conceda a norma para adaptarse ao cumprimento dese requisito.

32._Que orientacións produtivas poden acollerse ao Artigo 33 da convocatoria sobre investimentos subvencionables no período de gracia de 12-24 meses?
Aquelas que aínda teñan algunha entrada en vigor da súa normativa sectorial pendente de cumprirse.

33._Que se considera un investimento de simple substitución?
Considérase simple substituación aquel cambio dunha máquina /instalación/construción preexistente na explotación sen que estea perfectamente definida e xustificada a necesidade do mesmo. O solicitante debe aportar a  xustificación da substitución na súa solicitude, para que os técnicos que revisen o expediente poida valorar dita circunstancia.
Non se considerarán simple substitución as máquinas de máis de 10 anos e as construcións agrarias de máis de 30 anos.

34._Que se considera construción agraria en desuso?
No caso de explotacións gandeiras, enténdese como tal as construción agrarias pertencentes a explotacións que no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras estean de baixa ou inactivo. Despois da aprobación da axuda e antes do inicio das obras, unha técnico da Consellería do Medio Rural fará unha acta de comprobación sobre o terreo do estado da contrución en desuso.

53._É necesaria presentar unha memoria técnica para a solicitude das axudas MR405?
Si, hai que presentar unha memoria que vai incluída na propia solicitude, e deben cumprimentala xa que é campo obrigatorio. Na lapela Plan Empresarial da solicitude de axuda MR405, existe un apartado chamado Memoria tco-económica onde o solicitante debe insertar todos os contidos da Memoria, diferenciando a situación inicial e final.

36._Hai límite de investimentos por UTA?
Non.

37._Teño que xustificar a dispoñibilidade dos terreos?
So no caso de investimentos en obra civil, no caso de novas construcións.

38._Subvencionan a compra de gando nesta convocatoria?
Non.

39._Que mellora teño que elixir para solicitar un esparexedor de esterco de menos de 10 toneladas?
Pode solicitalo por unha das claves 5100_Outros investimentos.

40._ O módulo de cubrición de fosa de xurro é o mesmo para cubrir unha esterqueira?
Non. A cubrición da fosa de xurro solicítase mediante a clave 6313_M2. cubrición fosa de xurro, con módulo de 50 euros/m2. A cubrición dunha esterqueira xa existente solicitarase mediante a clave 5100_Outros investimentos, sen módulo fixado, polo que se presentarán tres orzamentos.
Se se trata dunha esterqueira de nova contrucción, a cuberta xa vai incluída no módulo da clave 6316_M3 estercoleiro.

41._É posible solicitar como investimentos nestas subvencións a plantación de viñedo?
Non é obxecto destas axudas. Non se considerará ningún investimento dos xa subvencionados pola Intervención Sectorial Vitícola (ISV), entre eles a planta e a plantación. Si poderían ser subvencionados os investimentos excluídos da lista da ISV.

42._No caso de investimentos en obra civil, cando teño que presentar o proxecto visado?
No momento de presentar a solicitude da axuda. De non facelo, seralle requirido.

43._É necesario cumprir os criterios de prioridade polos que se obtivo puntuación na aprobación da axuda no momento de xustificar a axuda, previo pagamento?
Os criterios de prioridade volverán a ser comprobados á data de finalización do prazo de execución. O solicitante Deberá manter unha puntuación igual ou superior á establecida como punto de corte no momento da aprobación, e sempre superior á puntuación mínima establecida en cada liña de axuda. De non ser así, iniciarase o procedemento de perda do dereito ao pagamento da axuda.

44._ Nos investimentos tipo “Investimentos en produción de enerxía: eólica, aerotérmica, fotovoltaica, etc” é necesario presentar proxecto e terá que asinalo un enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro técnico agrícola?
Será necesario o proxecto se así o establece a normativa sectorial para contar cos permisos administrativos correspondentes. Nese caso, a documentación requirida para a concesión do permiso aportarase á solicitude da axuda. Non é necesario que un  enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro técnico agrícola asine os proxectos destas instalacións.

45._As placas solares poden verter á rede?
Non. No momento da certificación da axuda, teñen que achegar o boletín de alta da instalación no que debe recoller: Instalación de autoconsumo sen vertido á rede.

46._Que táboas de equivalencia de UGM empregamos para os nosos cálculos?
As últimas táboas actualizadas, as empregadas pola Subdirección de Gandaría, que están en vigor na actualidade.

47._Quero incluir na solicitude da axuda, lapela Maquinaria e Instalacións, unha instalación ou construcción e non atopo unha clave adecuada no campo Código. Que clave emprego?
A clave 77_Palloza, detallando no campo “Edificación e Instalación” a descrición real do elemento introducido.

48._É subvencionable unha nave de porcino en desuso que non cumpre a normativa en vigor?
Si, a compra da nave é subvencionable, pero non o é a adecuación da mesma á normativa vixente, salvo encontrarse no período de gracia establecido pola normativa vixente.

49._Considérase en desuso unha construción non finalizada?
Non, os investimentos non serán subvencionables porque xa están iniciadas as obras.

 

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento RuralFondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento RuralMinisterio de Agricultura pesca y alimentación