Procedemento: MR405B
Axudas para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020
A Consellería do Medio Rural, na súa intención de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores axeitadamente formados e, en particular, a remuda xeracional, dado que esta incorporación require a realización de fortes gastos e investimentos por parte da persoa moza que en ocasións non farían viable esa incorporación se o esforzo económico tivese que soportalo integramente a persoa moza, publica a ORDE do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Estas axudas están cofinanciadas nun 7,50% pola Administración xeral do Estado, nun 17,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader.
Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Encaixe estructural no plan:
Eixo: Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
Finalidade:
- Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
- Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Beneficiarios:
Persoas titulares dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano dende a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
Terán a consideración de pequena explotación, aquelascuxa renda unitaria de traballo (RUT) se atope entre os seguintes parámetros:
- Mínimo: a renda unitaria de traballo que se obteña será igual ou superior ao 15 % da renda de referencia ou unha superficie agraria maior ou igual a 2 has.
- Máximo: a renda unitaria de traballo que se obteña será inferior ao 35 % da renda de referencia.
Prazos:
- Solicitude: 1 mes.
- Ampliación de prazo: ata o 27 de marzo de 2023.
- Xustificación: esta submedida ten dous prazos de xustificación:
- Dentro dos 9 meses seguintes á resolución da aprobación, para solicitar o primeiro pagamento, e
- Unha vez finalizado o plan empresarial (18 meses dende a resolución de aprobación).
Lugar e forma de presentación das solicitudes:
- as solicitudes presentaranse obligatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
- A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática MELLES, a que pode acceder mediante o seguinte enlace: https://melles.xunta.gal/melles/sede
Período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto: 5 anos dende o pagamento final da axuda.
Para máis información, diríxase á Oficina Rural máis próxima á súa localidade.
Links de interese:
- Versión en galego
- Versión en castellano
- Resolución convocatoria 2020. DOG Núm. 211 do 3 de novembro de 2021
- Convocatoria 2022. DOG Núm. 27 do 9 de febreiro de 2022
- Ampliación de prazos 2022. DOG Núm. 175 do 14 de setembro de 2022
- Resolución convocatoria 2022. DOG Núm. 24 do 3 de febreiro de 2023
- Convocatoria 2023. DOG Núm. 18 do 26 de xaneiro de 2023
- Modificación convocatoria 2023. DOG Núm. 40 do 27 de febreiro de 2023