Autorizacións para plantacións de viña (2016-2045)

Compartir
Novo réxime de autorizacións para plantacións de viñas

Normativa reguladora 

Dada a multitude de intereses que interveñen con relación ao sector viti­vinícola comunitario, tanto desde o punto de vista do cultivo da vide (viticultura) como da produción de viños e alcohois (vinicultura), a súa lexislación (OCM Única) é motivo permanente de reforma, tanto da regulamentación comunitaria como da normativa básica estatal e a autonómica, así mesmo pola importante concorrencia competencial existente nesta materia.

Nas seguintes ligazóns poden consultarse as principais disposicións de aplicación en materia do potencial de produción vitícola, no que atinxe ao rexistro vitícola e ao novo réxime de autorizacións para plantacións de vide: 

 

Regulamentación comunitaria: 

Regulamento Delegado (UE) 2022/2566 de la Comisión, de 13 de outubro de 2022, polo que se modifica e corrixe o Regulamento Delegado (UE) 2018/273, no que atinxe ao réxime de autorizacións para plantacións de vide

Reglamento de Ejecución (UE)2022/2567 de la Comisión, de 13 de outubro de 2022, polo que se modifica e corrixe o Reglamento de Execución (UE) 2018/274, no que atinxe ao réxime de autorizacións para plantacións de vide

Regulamento (UE) 2021/2117 do Parlamento e do Consello, de 2 de decembro de 2021 que modifica o Regulamento da OCM única (entre outros).

Medidas excepcionais a causa do COVID19:

OCM ÚNICA: Regulamento (UE) Nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.

Regulamento (UE) 2017/2393 do Parlamento Europeo e do Consello de 13 de decembro de 2017.

Regulamento Delegado (UE) 2018/273  da Comisión de 11 de decembro de 2017 polo que se completa a OCM única con relación ao sector vitivinícola.

Regulamento de Execución (UE) 2018/274, da Comisión de 11 de decembre de 2017 polo que se establecen as normas de desenvolvemento da OCM única con relación ao sector vitivinícola. 

Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño de 2008, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, no relativo aos programas de apoio, o comercio con terceiros países, o potencial produtivo e os controis no sector vitivinícola. 

 

Regulamentación estatal:

Real Decreto 1338/2018 de 29 de outubro, polo que se regula o potencial de produción vitícola (establece a normativa básica estatal para regular o sistema de autorizacións de plantacións de viñedo, o potencial produtivo vitícola e a clasificación de variedades de uva de vinificación autorizadas).

Real Decreto 32/2023, do 24 de xaneiro, polo que se modifica o RD 1338/2018

  • * Importante: carácter retroactivo na aplicación dos criterios de prioridade en 2023 (Disposición transitoria única): no ano 2023, o establecido nos apartados seis, vintedous e vintetres, aplicarase a todas as solicitudes de autorizacións de novas plantacións que se presenten entre o 15 de xaneio e o 28 de febreiro de este ano.
  • Así mesmo, os apartados cinco e oito do artigo único entrarán en vigor o 1 de xullo de 2023, coincidindo coa entrada en vigor do REA e ata esa data aplicarase a súa antiga redación).

Medidas excepcionais a causa do COVID19:

  • Real Decreto 111/2022, de 8 de febreiro, polo que se modifica o RD 1338/2018 (nova adaptación á ampliación do réxime de autorizacións de viñedo, consonte coa última modificación da OCM única con relación ao sector vitivinícola, dada polo Regulamento (UE) n.º 2021/2117):
    • amplíase a vixenza do réxime de autorizacións ata 2045
    • amplíase ata o 31.12.2022 a vixenza das autorizacións de nova plantación e de replantación caducadas en 2020 e 2021
    • amplíase a vixenza das autorizacións de replantación a seis anos dende a data da súa concesión, nos casos que a dita replantación teña lugar na mesma parcela ou parcelas arrincadas
    • Asemade, permítese ás persoas titulares destas autorizacións:
      • por unha parte a renunciar a elas, sen sanción administrativa sempre que o comuniquen antes do 28.02.2022
      • por outra parte, ás que xa renunciaron que poidan retractarse, comunicándoo por escrito á Consellería do Medio Rural antes do 28.02.2022, de xeito que as poidan utilizar ata o 31.12.2022
  • Real Decreto 201/2021, de 30 de marzo, polo que se modifica o RD 1338/2018 (adaptación da normativa básica estatal ás flexibilidades introducidas pola regulamentación comunitaria, para transpoñer o regulamento transitorio da PAC, en materia de autorizacións de plantación de viñedo e tamén flexibilizar algúns controis para axudar ás persoas viticultores a afrontar as dificultades derivadas do Covid-19)
    Neste sentido, para poder executar as plantacións e replantacións en prazo por razón da pandemia:
    • amplíase ata o 31.12.2021 a vixencia das autorizacións de nova plantación e de replantación caducadas en 2020
    • amplíase o prazo para presentar solicitudes de conversión de dereitos de replantación ata o 31.12.2022
    • amplíase a vixencia dos dereitos de replantación que caduquen na campaña 2020/2021 e seguintes ata o 31.12.2025

    Asemade, actualízase a listaxe de variedades autorizadas de uva de vinificación.
  • Real Decreto 558/2020, de 9 de xuño, polo que se modifican distintos reais decretos que establecen normativa básica de de desenvolvemento da Unión Europea en materia de froitas e hortalizas e vitivinicultura (modifica, entre outros, o RD 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola, para prorrogar a validez das autorizacións de plantación de viñedo)

Real Decreto 739/2015, sobre declaracións obrigatorias no sector vitivinícola.

Lei 24/2003 do 10 de xullo, da viña e do viño (só dou títulos (I e III) seguen vixentes, tras ser modificada e determintados preceptos quedaren derrogados, polas dúas disposicións seguintes: DDU da Lei 6/2015 de DOP/IXP de ámbito supraautonómico e pola DF4ª da Lei 30/2023 da PAC e outras materias conexas)

Resolución de 27 de xaneiro de 2016 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2016.

Resolución  de 24 de xaneiro de 2017 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2017.

Resolución de 27 de decembro de 2017 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2018.

Resolución de 27 de decembro de 2018 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2019.

Resolución de 13 de decembro de 2019 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2020

Resolución de 16 de decembro de 2020 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2021

Resolución de 21 de decembro de 2021 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2022

Resolución de 20 de decembro de 2022 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2023

Resolución de 18 de decembro de 2023 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2024

Directrices para a aplicación do réxime de autorizacións de plantacións de viñedo

 

Regulamentación autonómica:

Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (tácitamente derrogado salvo no que non contradiga á nova OCM única con relación ao sector vitivinícola).

 

Informe do potencial de produción vitícola (avance a 31 de xullo do último ano):

Avance de informe do potencial de produción vitícola a 31 de xullo de 2023

Potencial produtivo (mapa.gob.es)

Autorización administrativa previa para plantacións de vide para vinificación

De acordo coa última reforma da Política Agrícola Común (PAC) de 2013, en virtude da cal a nivel da Unión Europea se crea a nova Organización Común do Mercado (OCM única), con relación ao sector vitivinícola mantense a xestión e o control das plantacións de viña ata 2030 evitándose así a liberalización total destas plantacións.

Non obstante, a nova política vitivinícola comunitaria puxo fin ao réxime transitorio dos dereitos de plantación de viñedo que se prorrogara, reforma tras reforma, ata finais de 2015, substituíndose dende o 1/01/2016 ata 31/12/2030 por un novo réxime de plantacións de viña baseado en autorizacións administrativas previa presentación dunha solicitude polas persoas interesadas.

Neste novo contexto, as vides de variedades de uva de vinificación clasificadas (autorizadas) en Galicia poderanse plantar, replantar ou enxertar, consonte ao establecido, únicamente si se concede unha autorización administrativa previa.

  • as novas autorizacións de plantación terán unha validez máxima de tres anos, dende o momento da súa concesión, sen custo para as persoas que as soliciten e ademais serán intransferibles, salvo nos casos de herdanza (por mortis causa ou anticipada) ou fusións e escisións de persoas xurídicas.
  • prevíuse un mecanismo de salvagarda para novas plantacións en virtude do cal todos os anos o Estado membro español debe poñer a disposición do sector un cupo de autorizacións para novas plantacións correspondentes ao 1 % da superficie plantada de viña a nivel nacional aínda que existe a posibilidade de aplicar unha porcentaxe menor a nivel nacional se se xustifica debidamente mediante criterios obxectivos e non discriminatorios. 

Para paliar os efectos da pandemia Covid-19 introdúcense cambios no sistema de autorizacións de viñedo:

  • Se amplía ata o 31/12/2021 a vixencia das novas autorizacións de plantación e replantación que caducaron no 2020 e se permite ás persoas titulares renunciar a elas, sen sanción, se o comunican antes do 28/2/2021.
  • Asemade, se amplía o prazo para a presentación de solicitudes de conversión de dereitos de replantación ata o 31/12/2022 e, en calquera caso, se prorroga a vixencia das autorizaciones de conversión ata o 31/12/2025.
  • Nova modificación da OCM única (Regulamento (UE) 2021/2217): Co fin de garantir os logros acadados ata o momento no sector vitivinícola da Unión e de conquerir un equilibrio cuantitativo e cualitativo duradeiro do sector mediante o crecemento ordenado e continuo das plantacións de viña máis aló de 2030, procede prorrogar o réxime de autorizacións das devanditas plantacións ata 2045, é dicir, por un período equivalente ao período inicial vixente dende 2016, pero con dúas revisións intermedias a realizar nos anos 2028 e 2040, co fin de valorar o réxime e, se é o caso, presentar propostas en función dos resultados destas revisións intermedias para mellorar a competitividade do sector vitivinícola.
  • Prorrógase ata o 31 de decembro de 2022 a vixencia das autorizacións de nova plantación e replantación de viñedos que vencen nos anos 2020 e 2021.

En todo caso, dende o 1 de xaneiro de 2016 e ata o 31 de decembro de 2045 so se poderán plantar superficies de viña de uva de vinificación previa solicitude dunha autorización de plantación que poderá formalizarse por tres vías diferentes:

Logo de obter o permiso para poder plantar, tras executar a plantación da viña, a persoa solicitante deberá comunicar o seu remate á Consellería do Medio Rural de acordo co modelo adxunto (comunicación final de plantación)

Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, no caso de copropiedade sobre as parcelas nas que se pretenda solicitar unha autorización para arrincar e/ou plantar viñas

Disposición de uso sobre o cultivo da vide, cando a persoa viticultora inscrita no rexistro vitícola non sexa a propietaria das parcelas en cuestión deberá achegar a documentación acreditativa do seu consentimiento para solicitar o dito arrinque e/ou plantación, salvo que xustifique debidamente ante a Consellería do Medio Rural a súa innecesaridade

Nota: estas solicitudes e a documentación necesaria no seu caso adxuntaranse a través da sede electrónica mediante o procedemento PR004A 

PR004A Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado

* Dereitos de replantación válidos, procedentes de arrinques anteriores a 31/12/2015 e que poderán convertirse en autorizacións de plantación ata o 31/12/2022, inclusive, de tal xeito que as autorizacións concedidas por conversión de dereitos de replantación terán, en calquera caso, un periodo de vixencia que non poderá superar o 31/12/2025

** Para as replantacións cómpre solicitar e obter previamente unha autorización e resolución de arrinca

*** O cupo anual de novas plantaciónes poderase limitar pero non prohibir a decisión do Estado membro que poderá ter en conta as recomendacións das organizacións profesionais (OP) representativas do sector (as Organizacións Interprofesionais (OI), ademais dos órganos xestores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) que constituen os Consellos Reguladores Vitivinícolas).

**** Poderán realizarse modificacións da localización da superficie para a que se concedera unha autorización, sempre que a nova superficie teña o mesmo tamaño en hectáreas e que a autorización siga sendo válida. Para poder levar a cabo unha modificación, a persoa titular da autorización deberá solicitar de forma motivada a dita modificación con anterioridade á realización da plantación.

Por outra parte, poderán establecerse normas tanto para a limitación das novas plantacións (limitacións) como para as replantacións (restricións) nas zonas dos viños con DOP, baseándose nas recomendacións das ditas OP.

As ditas recomendacións para limitar as novas plantacións deberán precederse dun acordo entre as partes representativas relevantes da zona xeográfica que se trate e xustificarse en base a un estudio que demostre claramente a existencia de:

  • un risco de oferta excesiva de produtos vinícolas en relación coas perspectivas de mercado para isos produtos ou
  • dun risco de devaluación significativa dunha DOP

De ser o caso, as OP representativas do sector remitirán as súas recomendacións, antes do 1 de novembro do ano anterior ao que se pretenda surtan efectos nas autorizacións concedidas, con toda a información mínima esixible para as limitacións das plantacións (Anexo I.A e Anexo I.B) á Consellería do Medio Rural para a súa valoración que remitirá, a mais tardar o 20 de novembro, ao Ministerio de Agricultura (MAPA) para a súa decisión que publicará fixando o cupo anual máximo de autorizacións que poderán concederse antes do 30 de decembro de cada ano, para que poidan solicitarse polas persoas interesadas ata finais de febreiro e resolverse antes do 1 de agosto dese mesmo ano.

No caso de que no ano en que se presenta a solicitude non houbera suficiente superficie dispoñible para todas as solicitudes admisibles aplicarase a valoración dos criterios de prioridade establecidos.

Para considerar unha solicitude admisible a persoa solicitante deberá:

_ter a súa disposición, a data de apertura do prazo de solicitudes, para poder realizar unha plantación de viña, en propiedade, en réxime de arrendamento ou aparcería ou calquera outra forma conforme a dereito que poida demostrar mediante documento liquidado dos correspondentes tributos, a superficie agraria para a que se solicita a autorización onde vai plantar a viña, ata o momento de comunicación final da plantación.

_ter a capacidade e competencia profesionais axeitadas, que se considerará cumprida se a persoa solicitante cumpre á data de apertura do prazo de solicitudes algunha das seguintes condicións:

 

  • 1º Ter 5 anos nos últimos dez de experiencia profesional acreditada que se poderá xustificar mediante unha ou varias das seguintes opcións: alta no Réxime da Seguridade Social da actividade agraria, ou sendo titular de explotación no REXEPA, ou sendo viticultor no rexistro vitícola, ou coa comprobación de ter ingresos agrarios ou no seu caso certificado de asistencia a cursos de capacitación agraria cunha duración de 30 horas por cada ano non acreditado
  • 2º Capataz agrícola ou outros títulos académicos da rama agraria, como mínimo formación profesional agraria, relacionados coa vitivinicultura
  • 3º Cursos de instalación á empresa agraria e outros cursos complementarios ≥ 150 h
  • 4º Ter concedida á axuda á instalación de agricultores mozos
  • 5º Titular de explotación agraria prioritaria antes da apertura do prazo de solicitude 

É importante subliñar tamén que estas novas plantacións non son subvencionables ao abeiro das axudas de reestruturación e reconversión da viña, consonte coa Intervención Sectorial Vitivinícola no marco del Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (ISV-PEPAC 2023-2027). .

As previsións da Comisión Europea son que o novo sistema de autorizacións para as plantacións de viña contribuirá ao seu uso directo e rápido por parte das persoas viticultoras ás que se lles concedan, evitando a súa especulación por compra-venda ao concederse gratuitamente e ser intransferibles.

Por último subliñar que dada a gran concorrencia competencial existente neste sector, tanto polo nivel de detalle a nivel da Unión como pola súa aplicabilidade directa, ademais do excesivamente exhaustiva que foi a trasposición da última reforma na normativa básica estatal, incluso exclusiva en materia de novas plantacións, faise innecesaria a definición dunha nova política vitivinícola propia, do ámbito autonómico, xa que o novo Real Decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola esgota calquera estratexia autonómica ao respecto do incremento das plantacións dando iso sí un especial protagonismo ao propio sector coas súas recomendacións e sempre que se dean determinadas circunstancias; pero, en todo caso, a decisión final é unha competencia que se atribúe en exclusiva o Estado. 

 

Plantacións 2024

Novas plantacións para 2024

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPA) fixou en 928 hectáreas a superficie que en 2024 poderá concederse de autorizacións para novas plantacións en España o que equivale ao 0,1% do total da superficie plantada de viñedo a nivel nacional a 31 de xullo de 2023 unha vez aplicadas as condicións establecidas no artigo 6.3 do Real Decreto 1338/2018, de 29 de outubro e o dito cupo supón continuar coa máxima limitación do ritmo de crecemento de novas plantacións.

O prazo para solicitar estas novas plantacións de viñedo permanecerá aberto dende o 15 de xaneiro ata o último día de febreiro, ambos os dous inclusive.

As solicitudes presentaranse conforme o modelo do anexo II do Real Decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola.

Na concesión de autorizacións de novas plantacións terase en conta un límite máximo de superficie admisible por solicitante a nivel nacional de 5 hectáreas pero só cando o total da superficie admisible solicitada supere a superficie dispoñible para as ditas autorizacións e nese caso será necesario ademais aplicar a valoración dos criterios de prioridade establecidos.

Se inclúe uns novos criterios para priorizar o incremento do tamaño das pemex (pequenas e medianas explotacións vitícolas) de acordo coa tipoloxía seguinte:

Tipos de pequenas e medianas explotacións vitícolas da Comunidad Autónoma de Galicia
Umbrais de tamaño en hectáreas (ha) Explotación pequena Explotación mediana
≥0,1 a ≤ 2 >2 a ≤ 4
Puntuación asinada 2 3

Este novo criterio permitirá ademais que se reduza o número de solicitudes admitidas parcialmente.

Non obstante, compre lembrar que ao tratarase de novas plantacións non son subvencionables dentro das axudas de reestruturación e reconversión da viña.

Por outra parte, as persoas beneficiarias que no utilicen as autorizacións que se lles concedesen durante o seu periodo de validez (máximo de tres anos), incurrirán nunha infracción grave e estarán suxeitas ao réxime de sancións previsto na Lei 24/2023 da viña e do viño.

Informe da concesión de autorizacións para nova plantación de viñas de 2023

O dito informe así como o resultado da concesión das anteriores convocatorias anuais poden consultarse na web do MAPA, na seguinte ligazón: https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/regulacion-de-los-mercados/organizaciones-comunes-de-mercado-y-regimenes-de-ayuda/ocm-vitivinicola/potencial-productivo.aspx

Folleto e vídeo divulgativos do novo réxime de plantacións de viña

Ir ao MAPA

Tríptico - Como podo plantar viña?

Video: “Sistema de autorizacións de plantacións de viña”

Variedades de uva de vinificación 

A normativa comunitaria establece que para a elaboración de viño só se poderá plantar, replantar ou enxertar coas variedades de uva de vinificación que estean clasificadas para os respectivos territorios.

Na clasificación de variedades de uva de vinificación deberá terse en conta que a variedade pertenza á especie Vitis vinífera ou proceda do cruzamento de Vitis vinífera e outras especies do xénero Vitis pero que non sexa ningunha das seis seguintes: Noah, Othello, Isabelle, Jacquez, Clinton e Hebermont.

Tras a última actualización da dita clasificación das variedades de uva de vinificación (Anexo XXI do Real Decreto 1338/2018), de acordo coas modificacións comunicadas pola comunidade autónoma de Galicia, a día de hoxe recollense un total de 32 variedades (15 brancas e 17 tintas) coas dúas últimas incorporacións de viníferas de uva branca: Albilla do Avia e Ratiño Galega.

A normativa estatal recompila a listaxe das variedades clasificadas como autorizadas polas comunidades autónomas e pola súa parte, ao nivel das viníferas galegas, a dita clasificación recóllese consonte ao anexo S:VII do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia.