A reestruturación e reconversión da viña é unha das medidas acordadas na Política Agrícola Común (PAC), dentro da Organización Común dos Mercados (OCM única: Regulamento (UE) 1308/2013), no marco da aplicación do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español (PASVE 2019-2023: Real Decreto 1363/2018), que a Consellería do Medio Rural desenvolve ao nivel autonómico, este ano, mediante a Orde do 29 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 62, do 30/03/2022).
Persoas beneficiarias
As persoas viticultoras que destinen a súa produción de uva para vinificación e así mesmo as futuras viticultoras.
Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegaran ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.
Obxecto
Regular estas axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e realizar a súa convocatoria para 2021, en réxime de concorrencia competitiva.
O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.
Bases reguladoras
Esta medida de reestruturación e reconversión das viñas levarase a cabo a través de solicitudes que poderán presentarse de forma colectiva (mínimo de 5 persoas viticultoras) e/ou individuais, sendo prioritarias os colectivos, ademais doutros criterios de prioridade.
Poderán subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:
- reimplantación de viñas
- reconversión varietal
- mellora das técnicas de xestión de viñas
As solicitudes poderán conter operacións anuais ou bienais, con ou sen anticipo.
Importe
Estas axudas fináncianse completamente pola UE, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA 100%).
As axudas poderán ser de:
- compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (2.226 €/ha e campaña, no seu caso)
- custos de reestruturación e reconversión da viña (50% dos gastos das accións subvencionables)
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 30 de abril de 2021 e como o último día do prazo deste ano (correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación) é inhabil, entenderase prorrogado ao primeiro día habil seguinte: ata o 2 de maio, incluido.
Prazo de execución e xustificación das operacións que se aproben
- para as solicitudes con operacións anuais: ata o 31 de xullo de 2023, inclusive.
- para as solicitudes con operacións bienais: ata o 31 de xullo de 2024, inclusive.
Outros datos
- se prevén anticipos ata un máximo do 80% da axuda total que poderán concederse no caso de investimentos que requiran pagamentos inmediatos constituído unha garantía como mínimo igual ao importe do anticipo.
- Convocatoria 2022 (DOG núm. 62, do 30/03/2022)
- Extracto da orde de 2022
- Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas (en concorrencia competitiva, en trámite: DOG núm. 15 do 23.01.2023)
Convocatorias anteriores
Medidas excepcionais a causa do covid19: as persoas beneficiarias destas axudas cuia execución e solicitude de pagamento estaba prevista no exercicio FEAGA 2020 e que, debido á crise sanitaria e ao periodo de alarma establecido no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo COVID-19, precisen atrasar a execución e solicitude de pagamento ao exercicio 2021, deberán comunicar ao órgano competente da comunidade autónoma o cambio do exercicio financeiro de pagamento, para o seu coñecemento, debidamente xustificado, e a mais tardar antes da data límite do 31 de xullo de 2020 para presentar a solicitude de pagamento das operación no exercicio FEAGA 2020 (Orden de 17.12.2020 amplia fondos RRV2020 e flexibiliza as convocatorias de 2018 e 2019), en aplicación do Real Decreto 1363/2018 e as súas modificacións: RD 608/2019, o RD 558/2020, o RD 137/2020, o RD 617/2020, o RD 283/2021 e o RD 112/2022).
Informe de aplicación das axudas de RRViñedo
- 2021
-
- Convocatoria 2021 (DOG núm. 28, de 30/03/2021)
- Extracto da orde de 2021
- Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas (concorrencia competitiva, DOG núm 26, de 8.02.2022)
Prazo de execución e xustificación das operacións aprobadas
- ata o 31 de maio de 2022 para as solicitudes con operacións anuais.
- ata o 31 de maio de 2023 para as solicitudes con operacións bianuais.
- 2020
-
- Convocatoria 2020 (DOG núm. 28, do 11/02/2020)
- Extracto da orde de 2020
- Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas (concorrencia competitiva, DOG núm. 20 do 1 de febreiro)
Prazo de execución e xustificación das operacións que se aproben
- ata o 31 de maio de 2021 para as solicitudes con operacións anuais.
- ata o 31 de maio de 2022 para as solicitudes con operacións bianuais.
- 2019
-
- Convocatoria 2019 (DOG núm. 28, do 8/02/2019)
- Extracto da orde de 2019
- Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas de 2019 (concorrencia competitiva, anexo resolución DOG num.26, do 7/2/2020)
Prazo de execución e xustificación das operacións aprobadas
- ata o 31 de maio de 2020 para as solicitudes con operacións anuais. Debido á crise sanitaria e ao período do estado de alarma establecido, o dito prazo porrogouse ata o 31 de xullo de 2020 (rematado).
- ata o 31 de maio de 2021 para as solicitudes con operacións bianuais
- 2018
-
- Convocatoria de 2018 (DOG núm. 73, do 16/04/18)
- Corrección de erros (DOG núm. 88, de 8/05/18)
- Extracto da orde de 2018
- Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas de 2018 (concorrencia competitiva, anexo resolución DOG)
Prazo de execución e xustificación das operacións aprobadas
- ata o 31 de xullo de 2019 para as solicitudes con operacións anuais (finalizado)
- ata o 31 de xullo de 2020 para as solicitudes con operacións bianuais (finalizado)