Cadernos comerciais

Compartir

Como comunicar o uso dun caderno comercial?

Existes 3 procedementos administrativos relacionados con esta tarefa. Os modelos a presentar virán determinados polo papel desempeñado polo solicitante no uso do caderno :

MR470B - Comunicación de empresa desenvolvedora de software para o emprego do CUE comercial.

MR407C - Comunicación de entidade xestora que emprega un CUE comercial.

MR407D - Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.
 


Como probar a integración entre un Caderno Comercial e o Caderno Dixital?

As empresas desenvolvedoras que desexen realizar probas de integración do seu software co interface común de comunicación deberán seguir estas indicacións :

a) Presentación da comunicación de empresa desenvolvedora de software (CUE comercial)

Tramitado o procedemento anterior concederanse os permisos axeitados para o consumo da API REST na contorna de integración e xerarase o conxunto de datos de probas a utilizar.

b) Unha vez recibidos os datos mencionados por parte do solicitante, poderase iniciar o proceso de integración a través das URLs que a continuación se indican :

- Establecer Comunicación (xerar token).  

        https://api-lab.xeaga.xunta.gal/xeaga/IUWS/comunicacion/{cuaderno}
        
- Exportar REA

        https://api-lab.xeaga.xunta.gal/xeaga/IUWS/exportarREA/{NIF titular}

- Exportar CUE

        https://api-lab.xeaga.xunta.gal/xeaga/IUWS/exportar/{Nº explotación}_{Id Cuaderno}_{CIF Gestora}


- Importar CUE

        https://api-lab.xeaga.xunta.gal/xeaga/IUWS/crear


- Comprobar estado
    
        https://api-lab.xeaga.xunta.gal/IUWS/comprobarEstado/{Id Petición}

Os detalles técnicos relativos ao modelo de datos a intercambiar (formato JSON), así como as características dos certificados a empregar, están recollidos no anexo VI publicado polo FEGA e correspóndense cos definidos para o estándar nacional.