Silvicultores/as activos/as

Compartir

Silvicultor/as activo/as son as persoas ou entidades, con ou sen personalidade xurídica que sexan persoas propietarias, titulares ou xestoras dos aproveitamentos e servizos ecosistémicos daquelas unidades de xestión forestal que conten cun instrumento de ordenación ou de xestión forestal, e dispoñan dun certificado de xestión forestal sustentable emitido por un sistema de certificación forestal recoñecido internacionalmente, sen prexuízo do disposto na disposición adicional novena desta lei.

O artigo 126 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia crea o Rexistro voluntario de silvicultores activos, ao que poderán acceder os silvicultores/as que cumpran os seguintes requisitos: que os terreos propios ou xestionados polo silvicultor dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado ou estean adheridos a referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, que dispoñan de certificación forestal por algún dos sistemas recoñecidos, que poidan xustificar a propiedade ou a dispoñibilidade dos terreos e que acrediten que realizan unha actividade económica ligada á explotación do monte.