Mesa da castaña

Compartir

A Mesa da Castaña é un órgano colexiado de carácter consultivo e asesor, integrado pola Administración autonómica e polos principais axentes sociais relacionados coa castaña na Comunidade Autónoma de Galicia. A Mesa da Castaña intégrase na consellería competente en materia de montes, aínda que sen participar na súa estrutura xerárquica.

As finalidades e obxectivos da Mesa da Castaña son:

  • Establecer un foro continuado de diálogo e traballo que aglutine os principais axentes relacionados coa castaña en Galicia.
  • Estudar e impulsar medidas que contribúan ao fomento, promoción e mellora da castaña como produto forestal e ao seu aproveitamento sustentable.
  • Organizar, promover e dar apoio ás iniciativas do sector da castaña destinadas a reforzar as súas actuacións para conseguir a súa propia vertebración económica e social e fomentar a súa actividade.
  • Contribuír ao coñecemento por parte da sociedade da auténtica dimensión do sector da castaña e das súas achegas no ámbito económico, social e ambiental.
  • Calquera outra finalidade que a Mesa da Castaña entenda que pode redundar en beneficio do sector da castaña.

Mediante Orde está regulada a composición e funcionamento desta Mesa.