Mesa da madeira

Compartir

A mesa da Madeira é un órgano colexiado de representación sectorial que estará integrado pola Administración autonómica, polas organizacións de propietarios forestais, polas organizacións das empresas de servizos e produtos forestais e polas organizacións das empresas e industrias de transformación de produtos forestais leñosos.

Son funcións da Mesa da Madeira:

  • Promover as relacións entre os sectores de produción, comercialización e transformación da madeira e da biomasa forestal.
  • Realizar unha análise e un seguimento periódicos dos mercados da madeira, da produción e das necesidades da industria forestal.
  • Intercambiar información actualizada sobre o estado fitosanitario das masas forestais galegas e sobre as medidas fitosanitarias de loita e de prevención.
  • Propoñer liñas de fomento e mellora no sector da madeira, así como liñas prioritarias de investigación, planificación e actuación en materia da prevención e loita contra pragas e doenzas forestais.
  • Promover e divulgar o uso da madeira como material renovable e respectuoso co medio ambiente e dar a coñecer a súa contribución á loita contra o cambio climático.
  • Calquera outra que se determine na súa normativa organizativa.
  • A organización, o funcionamento e a composición da Mesa da Madeira determinaranse regulamentariamente mediante orde.

Mediante Orde está regulada a composición e funcionamento desta Mesa.