Organigrama

Compartir

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal conta, para o exercicio das súas competencias, coa Subdirección Xeral de Recursos Forestais, que exercerá as funcións relativas:

  1. Á conservación e fomento dos recursos forestais.
  2. Á sustentabilidade da xestión forestal e a xestión pública de montes.
  3. Á regulación e ordenación dos aproveitamentos forestais.
  4. Á relación coas comunidades propietarias de montes veciñais en man común, cos propietarios particulares e xestores forestais.
  5. Ao fomento de fórmulas de agrupación e asociacionismo de propietarios/as forestais.
  6. Ao sistema rexistral forestal de Galicia.
  7. Ás accións tendentes á mellora e conservación da saúde e vitalidade dos bosques, e da súa resiliencia e resistencia ao cambio climático.
  8. A mellora da produción forestal mediante a silvicultura activa.
  9. A planificación e ordenación forestal, e a elaboración de informes sectoriais. O seguimento do Plan forestal de Galicia.

Para iso contará cos seguintes servizos:

  1. Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte, ao que lle corresponde a protección do medio forestal contra as ameazas bióticas e abióticas, a mellora e control do material forestal de reprodución, as incidencias do cambio climático nas masas forestais, o mantemento e control das redes de seguimento do estado fitosanitario, a conservación do acervo xenético forestal e a súa mellora en colaboración con outros departamentos da Administración que teñan competencias na materia.
  2. Servizo de Fomento Forestal, ao cal lle corresponde a xestión das axudas de montes dirixidas á ordenación forestal, a certificación forestal, a silvicultura preventiva, a forestación, e cantas outras lle sexan encomendadas desde a Subdirección Xeral.
  3. Servizo de Xestión Forestal, que se ocupa da xestión pública de montes e do Catálogo de montes de utilidade pública, dos aproveitamentos forestais públicos, da ordenación e da certificación forestal, da Mesa da Madeira, da restauración forestal e doutras actuacións ou usos que se realicen no monte.
  4. Servizo da Propiedade Forestal, ao cal lle corresponde a relación coas comunidades de montes veciñais en man común, coas sociedades de fomento forestal e demais agrupacións de propietarios/as forestais, coas asociacións forestais, e tamén as funcións e desenvolvemento de accións que legal e regulamentariamente procedan en relación coa propiedade forestal. Levará, ademais, o sistema rexistral forestal de Galicia, todo o relacionado cos aproveitamentos forestais privados, a divulgación da cultura forestal e a colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en materia de formación forestal.

organigrama