Dixitalización & Descarbonización (D&D)

Compartir

A administración forestal está a emprender unha estratexia de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) con tres obxectivos claros:

  1. Usar a tecnoloxía para acelerar os procesos produtivos do sector forestal, incentivando a simplificación administrativa, mediante ferramentas que permitan a incorporación ou o consumo masivo da información necesaria para a realización de trámites legais. 
    Entendendo o uso que brindan estas tecnoloxías como unha ferramenta e nunca como un fin en si mesmo, é innegable que a eficiencia e a redución de tempos que provoca a dixitalización masiva impacta directamente na conta de resultados das explotacións forestais e ao longo de toda a cadea monte-industria.
  2. Empoderar aos silvicultores e ás súas agrupacións como un dos alicerces fundamentais fronte ás oportunidades e retos que o Pacto Verde Europeo e a transición á bioeconomía circular xa está a demandar.
  3. Nunha sociedade europea en vías de descarbonización, o potencial de ecomateriais substitutivos baseados en madeira, en sectores tales como a construción, os téxtiles, os produtos químicos ou o envasado son un futuro irrenunciable nunha era postcovid baseada no principio “Reconstruír de novo facéndoo mellor” (“Build back better” BBB).

As tecnoloxías dixitais, o custo decrecente do almacenamento e uso masivo de servizos web (SW) están a introducir rapidamente unha nova forma de relacionarse coas administracións públicas. As tecnoloxías dixitais que aceleran o despregamento de políticas de descarbonización, a intelixencia artificial e a aprendizaxe automática, pasaron rapidamente de ser tendencias emerxentes a partes integrais dos sistemas de boa gobernanza.

A análise indica que unha poderosa combinación de demanda dos consumidores, obxectivos de sustentabilidade e un desexo de reducir custos e asegurar a subministración de ecomateriais substitutivos baseados en recursos forestais (menor pegada de carbono), está a empuxar ás compañías a tecnificarse para poder ser competitivas e incorporar valor engadido aos seus produtos transformados. Un dos principais impactos observados é o dos investidores, así como os lexisladores, os consumidores e a sociedade en xeral, todos os cales exixen que as empresas se centren no uso de materiais renovables con baixa pegada de carbono nas súas cadeas produtivas e que incentiven a mobilización de recursos endóxenos (políticas de “quilómetro 0”).

A administración forestal non é allea a este tipo de políticas e por iso emprendeu unha estratexia de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) coa publicación de servizos web (SW) para o seu consumo masivo pola cadea monte-industria galega, co fin de simplificar os trámites administrativos e incrementar a súa competitividade nun escenario de descarbonización.

A listaxe de servizos web (SW) dispoñibles pódese atopar aquí.

 

Xornadas de Dixitalización e Inventario Forestal

Parte I: Estratexia de Dixitalización e Descarbonización (D&D). Mércores, 16.03.2022

Inauguración da xornada

Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (DXPOF)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Fondo documental do monte galego (FDMG)

Jacobo Aboal. Técnico da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Sistema de indicadores forestais en tempo real

Alberte Piñeiro. Subdirector xeral de Recursos Forestais (DXPOF)

Servizos web (SW) aplicados ao sector forestal de Galicia

Manuel Barcón. Xerente de proxectos para Medio Rural e Mar (AMTEGA)

Óscar Expósito. CERNA Enxeñería e Asesoría Ambiental

Plataforma para a introdución dos instrumentos de ordenación e xestión forestal (XORFOR)

Odón López. Xefe do Servizo de Xestión Forestal (DXPOF).

Julián Sobrino. Empresa Bahia Software.

Servizo de control para a legalidade da madeira

Fernando Pérez. FÖRA Forest Technologies.

Odón López. Xefe do Servizo de Xestión Forestal (DXPOF)

Trazabilidade da madeira baixo tecnoloxía blockchain (FORTRA)

José María Franco. Catro Dixital

Hugo Rodríguez. AMETLAM S.L.

Gregorio González. Financeira Madeireira S.A. (FINSA)

Preguntas e conclusións

Parte II: Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG). Venres, 18.03.2022

Inauguración da xornada

Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (DXPOF)

Instituto Galego de Estatística (IGE)

Primeiros resultados do prototipo de mapa forestal a nivel de concello. Cartografía de dispoñibilidade do recurso

Julia Armesto. Profesora titular do departamento de Enxeñería dos recursos naturais e medio ambiente (UVigo).

Juan Picos. Director da Escola de Enxeñería Forestal (UVigo)

Informe sobre os resultados do inventario piloto da rede base

César Pérez. Investigador principal do proxecto, programa Ramón e Cajal (USC).

Adela Martínez. Investigadora asociada (USC)

Informe sociodemográfico da rede basee do IFCG e dos solicitantes de aproveitamentos forestais

Esther López. Xefa do Servizo de Difusión e Información (IGE).

Raúl Jácome. Xefe do Servizo de Contas Económicas (IGE)

Rastrexabilidade da actividade forestal

Jacobo Aboal. Técnico da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPOF).

Manuel Barcón. Xerente de proxectos para Medio Rural e Mar (AMTEGA)

Clausura xornada

José González. Conselleiro do Medio Rural