Instrumentos de ordenación ou de xestión forestal

Compartir

Baixo esta denominación inclúense os proxectos de ordenación de montes, os documentos simples de xestión, os documentos compartidos de xestión e outras figuras equivalentes como os modelos silvícolas que serven para facer unha planificación da xestión sustentable, co fin de que sexa socialmente beneficiosa, economicamente viable e ambientalmente responsable, de acordo co establecido no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Lexislación

 

Tipos de instrumentos

Proxecto de ordenación forestal

Instrumento de ordenación forestal que sintetiza a organización do aproveitamento sustentable dos recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, nun monte ou nun grupo de montes, para o cal debe incluír unha descrición do terreo forestal nos seus aspectos ecolóxicos, legais, sociais e económicos e, en particular, un inventario forestal cun nivel de detalle tal que permita a toma de decisións canto á silvicultura que se debe aplicar en cada unha das unidades do monte e á estimación das súas rendas, co obxectivo de obter unha organización estable dos distintos usos e servizos do monte, de acordo co establecido no artigo 79 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

Ámbito dos proxectos de ordenación

a) Os montes públicos, os montes protectores e os montes de xestión pública.

b) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie superior ás 25 hectáreas en couto redondo.

c) As persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares de superficie superior ás 25 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade. 

Documento compartido de xestión forestal

Instrumento de xestión forestal, de iniciativa privada para un conxunto de propietarios, onde ningunha superficie dunha mesma propiedade supere as 25 hectáreas en couto redondo, que debe incluír uns referentes de boas prácticas, unha planificación simple dos aproveitamentos dos recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, e modelos silvícolas para os principais tipos de masa, de obrigado cumprimento, para os terreos forestais adscritos a el, de acordo co establecido no artigo 79 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Documento simple de xestión forestal

Instrumento de xestión forestal que planifica as melloras e os aproveitamentos dos recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, garantindo unha xestión forestal sustentable da superficie dunha mesma propiedade, sen  que ningún couto redondo supere as 25 hectáreas, de acordo co establecido no artigo 79  da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ámbito dos documentos simples e compartidos de xestión forestal

a) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie inferior ou igual ás 25 hectáreas en couto redondo.

b) A persoa propietaria, sexa persoa física ou xurídica, dun monte particular de superficie inferior ou igual ás 25 hectáreas en couto redondo. 

Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Instrumento de xestión forestal para a xestión e o aproveitamento dos montes, baseado na análise das especies existentes, nas súas quendas de corta cando as ditas especies sexan arbóreas, e garantindo que non se poña en perigo a persistencia dos ecosistemas e que se manteña a capacidade produtiva dos montes, de acordo co establecido no artigo 76 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ámbito dos documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

a) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo.

b) As persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares de superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.

Definicións

Monte ou terreo forestal: Monte ou terreo forestal: todo terreo en que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, sexa espontaneamente ou que procedan de sementeira ou plantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, produtoras, culturais, paisaxísticas, sociais ou recreativas. Terán tamén a dita consideración aqueles terreos descritos no número 1 do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e en ningún caso terán a dita consideración os dispostos no número 2 do artigo 2 da dita norma.

Couto redondo: Superficie forestal continua, entendendo que a dita continuidade non se verá interrompida por límites naturais (ríos, lagos, encoros, etc.), artificiais (vías de comunicación, etc.) nin administrativos (concellos, provincias, etc.).

 

Tramitación

Os instrumentos de ordenación ou de xestión forestal serán redactados por persoal técnico competente en materia forestal.

Persoal técnico competente en materia forestal (segundo artigo 8.24 da Lei 7/2012 ): as actuais persoas tituladas enenxeñaría de montes ou enxeñaría técnica forestal e os titulados universitarios de grao ouposgrao en materia forestal que substitúan os anteriores.

Coordinador/a do documento compartido de xestión forestal: a persoa responsable na tramitación da aprobación do documento compartido de xestión forestal para os efectos administrativos de presentación de solicitudes, requirimentos e comunicacións.

Proxectos de ordenación, documentos simples e documentos compartidos de xestión

1º.- Introdución de datos no programa XORFOR ( Art. 12.5 Decreto 52/2014)

Co obxectivo de fixar unhas directrices homoxéneas no referente á  estrutura e contidos mínimos establecidos nos correspondentes anexos VI, VII e VIII do Decreto 52/2014 dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal; dende a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal implementouse un programa informático (XORFOR: XESTION E ORDENACIÓN FORESTAL), así como a  codificación do modelo de datos e da información alfanumérica asociada ás táboas de datos e cartografía dixital (Manual de Cartografía dipoñible na aplicación).

 

2º.- Presentación do modelo de solicitude MR627A/ MR627B/ MR627C

Unha vez  introducidos e validados os datos por parte do personal técnico en materia forestal xenérase no programa, de xeito automático , un informe resumo asignándoselle un expediente unívoco. Este resumo deberá ser asinado e presentarse coa documentación complementaria na solicitude de aprobación do proxecto de ordenación ou do documento simple ou compartido de xestión forestal.

Para unha maior axilidade na tramitación recoméndase a presentación da solicitude vía sede electrónica 

 

Plazos para a ordenación de montes

Normativa

A lexislación aplicable é a seguinte:

  • Ley 43/2003, de 21 de noviembre, de Montes. (incluindo as modificacións realizadas pola Lei 21/2015, de 20 de xullo). BOE de 22 de noviembre de 2003. Artígos 33 e 63, as disposicións transitorias segunda e terceira e la disposición final sexta.
  • LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. DOGA de 23 de xullo de 2012. Artígo 77 e disposiciones transitorias sexta y octava.
  • DECRETO 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. DOGA de 8 de maio de 2014. Disposición transitoria segunda e final segunda.
  • LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

En primeiro lugar, cabe sinalar que o artigo 77 da Lei 7/2012 obliga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.

Plazo para dotarse de un instrumento de ordenación o de gestión forestal obligatorio e vixente.

Segundo o establecido na disposición transitoria sexta da LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Disposición de instrumento de ordenación ou xestión forestal obrigatorio 

1. Os montes ou terreos forestais deberán dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal obrigatorio e vixente, como máximo, nos prazos que a seguir se indican:
a) O 31 de decembro de 2020, os montes cuxo couto redondo de maior tamaño sexa inferior ou igual a 15 hectáreas.
b) O 31 de decembro de 2028, o resto de montes.

Pasados os prazos establecidos, quedan prohibidos os aproveitamentos comerciais de madeira naqueles montes que non dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor. Exceptúanse desta prohibición os aproveitamentos de obrigada execución, os de madeira queimada e as cortas sanitarias. Quedan asimesmo prohibidos os aproveitamentos de pastos naqueles montes que non dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor ou se regule este aproveitamento mediante un plan de aproveitamento silvopastoril, que se deberá comunicar á Administración forestal.

 

Instrumentos sometidos a avaliación ambiental.