Centros de formación

Compartir

AVISO:

Debido á situación ocasionada polo COVID 19, informámoslles de que se desexan realizar algunha xestión presencial nos Centros de Formación e Experimentación Agraria da AGACAL, deberán pedir CITA PREVIA, para o cal facilitámoslles os seguintes teléfonos:

  • CFEA de Becerreá: 982 828 367
  • CFEA Pedro Murias: 982 828 552 / 982 828 554
  • CFEA Guísamo: 881 881 043 / 881 881 057
  • CFEA Sergude: 881 867 325 / 881 867 326
  • CFEA Monforte: 982 889 103
  • CFEA Lourizán: 986 805 088

 

Os seis centros de formación agroforestal da Consellería do Medio Rural están en Guísamo, Becerreá, Sergude, Ribadeo, Monforte e Lourizán. A especialización dos centros de formación agraria adáptase ás características da zona, para converterse así en centros de referencia e aproveitar os recursos do lugar.

Directorio de centros formativos

Ofertan unha ampla variedade de cursos entre as ensinanzas regradas e as non regradas, tamén chamadas de formación continua. As primeiras están divididas en ciclos de grao superior e ciclos de grao medio.

A formación continua fundaméntase en cursos eminentemente prácticos, impartidos durante todo o ano e orientados a agricultores e gandeiros, como os cursos de aptitude empresarial agraria, de manipulador de produtos fitosanitarios e de mellora das explotacións e os cursos monográficos ou de especialización que se adaptan ás necesidades do momento.

Estes cursos teñen lugar tanto nos centros de formación agraria como nas OAC (Oficinas Agrarias Comarcais) e poden estar tamén organizados por outras entidades relacionadas co sector.

Oferta e adxudicación de prazas de residencia e de comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal da Consellería do Medio Rural

Curso 2020/2021
Curso 2021/2022
Curso 2022/2023
Curso 2023/2024