Programas sanitarios das Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG)

Compartir

As ADSG nacen cunha vocación sanitaria das propias persoas titulares das explotacións gandeiras, mediante a dotación de persoal técnico veterinario responsable da aplicación duns programas sanitarios comúns de obrigado cumprimento para todos os integrantes.

A Consellería do Medio Rural desde o ano 2001 sempre considerou que a implicación e participación activa dos propios gandeiros é a ferramenta máis eficaz para garantir o éxito de calquera programa sanitario, motivo polo cal desde o ano 2003  colabora no financiamento das actividades destas entidades mediante unha orde anual de axudas  co obxecto de fomentar a existencia de ADSG cada vez con máis explotacións integradas e polo tanto máis fortes.

Orde de axudas vixente (Programas de planificación zoosanitaria)

En 2020 Galicia conta con 70 ADSG recoñecidas:

  • 52 de gando bovino
  • 1 de gando ovino-cabrún
  • 9 de gando porcino
  • 3 de avicultura
  • 2 de cunicultura
  • 2 de peleteria

Para cada especie gandeira existe un plan sanitario marco mínimo establecido pola Consellería do Medio Rural, que é de obrigado cumprimento polas ADSG que o leva a cabo.

As enfermidades suxeitas a control sanitario obrigatorio nas ADSG son as seguintes:

  • Bovino: Diarrea Vírica Bovina, Rinotraqueite Infecciosa Bovina, Paratuberculose, Neosporose
  • Ovino-cabrún: Paratuberculose e Enfermidade da Fronteira (BD)
  • Porcino: Programa de vixilancia do gando porcino, Enfermidade de Aujezsky, Síndrome Respiratorio e Reprodutivo Porcino
  • Avicultura: programas de control oficial
  • Cunicultura: vixilancia da Mixomatose e Enfermidade Vírica Hemorráxica
  • Peletería: enfermidade aleutiana do visón (plasmocitose)