A Consellería do Medio Rural ten artellada unha Rede de epidemiovilixancia sanitaria na que interveñen distintos sectores coa finalidade da detección e actuación precoces en situacións de alerta sanitaria animal. Con este fin existe un Plan de continxencia sanitaria con dotación material, persoal e económica.
Este plan establece a estrutura das unidades que o integran, as funcións específicas de cada unidade, os sistemas de coordinación e fluxo de información, cadro de decisións, material e recursos dispoñibles, etc.
Forman parte da Rede de Epidemiovixilancia:
- Os Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural e outro persoal veterinario adscrito
- A rede de laboratorios oficiais da Consellería do Medio Rural: Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga) en Lugo, Laboratorio de Sanidade Animal deMabegondo en A Coruña e o Laboratorio de Sanidade Animal de Cabanas-Salcedo en Pontevedra
- A Consellería de Sanidade e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coas súas unidades de interese nos ámbitos das zoonoses, epizootías e seguridade alimentaria das especies domésticas e silvestres, respectivamente
- Persoal técnico veterinario das Agrupacións de Defensa Sanitaria Ganadera galegas
- Persoal técnico de empresas integradoras ou comercializadoras dos sectores gandeiros
- Panel de expertos da Facultade de Veterinaria de Lugo ou doutras entidades galegas ou nacionais