Plan Nacional de Investigación de Residuos (PNIR) nas explotacións gandeiras

Compartir

Este plan é unha peza fundamental para o control do uso de sustancias prohibidas,  control dos residuos de medicamentos autorizados, de determinadas sustancias contaminantes,  e dos seus metabolitos en animais vivos e nas producións  animais. 

O control establécese sobre os propios animais, e nos alimentos que inxiran, e nas súas  producións, co fín de garantir a seguridade final dos produtos alimentarios. O plan de investigación comprende unha mostraxe aleatoria e tamén dirixida a explotacións de risco. O  obxectivo final é detectar calquera uso de sustancias ilegais, o  uso correcto  dos  medicamentos legais, e detección e  investigacións doutro tipo de sustancias como  contaminantes. 

O PNIR desenvolvese do seguinte xeito:

  • Elaboración do plan anual de controis do PNIR en explotacións e alimentación animal, en coordinación con Saúde Pública, e do informe ao coordinador autonómico dos resultados anuais.
  • Coordinación cos responsables provinciais do PNIR, encargados das tomas de mostras e das investigacións dos positivos.
  • Seguimento das tomas de mostras, dos resultado das analíticas, e cumprimento do compromiso de mostraxe.
  • Asesoramento técnico aos Servizos Xurídicos en relación coa tramitación dos expedientes.