Subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH)

Compartir

O control oficial dos SANDACH dento do marco do control  oficial  da cadea  alimentaria  xustifícase polo ricos de que no seu caso determinadas materias excluidas por motivos sanitarios da cadea alimentaria se reintroducisen na mesma ben indirectamente, principalmente vía pensos de animais produtores de alimentos, o ben directamente mediante alimentos humanos.

O Programa  de  Control  Oficial  de Subprodutos Animais Non Destinados ao Consumo Humano (SANDACH)  reallízase en establecementos e operadores de transporte sobre a base dunha análise de risco e que constitúe  un marco básico e uniforme de actuación para o control dos SANDACH en toda Galicia.

O primeiro eido deste control oficial descansa nas  competencias  no  rexistro e autorización de establecemento, operadores e actividades  e  o control oficial dos mesmos,  incluídas os operadores adedicados a transportalos. 

O  obxectivo  xeral  deste  Programa  é  verificar que determinados subprodutos  xerados,  eliminados ou  utilizados na  Comunidade  Autónoma  de  Galicia son  xestionados  segundo  os  requisitos  de seguridade establecidos na normativa europea, nacional e autonómica correspondente,de xeito que non constitúan un perigo para a saúde pública, a sanidade animal nin ao medio ambiente.

Para alcanzar este obxectivo:

  • Estableceranse  unhas  actuacións  mínimas  harmonizadas de  control  oficial, nas que  se contemplarán principalmente.
  • Estableceranse mecanismos que permitan obter información actualizada.

Plans de emerxencia.

Se derivado dos achados no marco deste Programa de Control  ou fora de el se detecta se un  incumprimento ou situación que supoña un risco grave para a saúde pública, a sanidade animal ou  o  medio  ambiente  derivado  dos  SANDACH  prevese  a  aplicación  dun programa de emerxencia operativo  no  que  se  incluirá as  medidas  para  adoptar, as  autoridades  que  han  de intervir, as súas competencias e responsabilidades e a canle da información.

Planificación dos controis oficiais. Inspecións.

Establécense grupos  de  actividades  con  obxectivos  diferentes  de  control  e  de  selección de operadores, en función de criterios de risco. O universo de establecementos, plantas e operadores a controlar obterase directamente do rexistro 
xeral de establecementos, plantas e operadores SANDACH dispoñible na páxina Web mantida pola CNSANDACH