Xenética Fontao

Compartir

Xenética Fontao, S.A. é unha empresa pública participada pola Xunta de Galicia e polas asociacións de gandeiros FEFRIGA (Federación Frisona Galega) e ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega). 

Ven colaborando coa Consellería do Medio Rural na modernización do sector leiteiro galego dende que se puxera en marcha o Plan Integral de Mellora Xenética (anos 1990 - 2000), e posteriormente nos sucesivos programas de Mellora Gandeira.

Actualmente desenvolve diversas actuacións no “Programa de mellora xenética do Frisón de Galicia", xa que practicamente toda a produción láctea galega provén de animais desta raza. Este programa implantouse para complementar  o programa nacional e adaptar o seu esquema de selección xeral ás condicións particulares de Galicia, e ao mesmo tempo poñer a disposición dos gandeiros galegos  mecanismos que lles permitan acadar unha selección mais eficiente dos animais cos que contan, reducindo a crónica dependencia exterior en canto a material xenético. No seu desenvolvemento xoga un papel imprescindible Xenética Fontao.

Xenética Fontao é un actor fundamental na mellora gandeira de Galicia  mediante a prestación de servizos ao sector agrogandeiro e da xestión do Centro de Escolma e Reprodución Animal de Galicia, que conta con 205 sementais, de razas Holstein, Rubia Gallega, Blanco Azul Belga e Limusina.

Está especializado na mellora e selección de gando frisón e conta cun laboratorio de xenética molecular que permite aplicar ás innovacións tecnolóxicas para lograr grandes avances no campo da mellora animal. Este centro está ademais na vangarda das innovacións tecnolóxicas no campo da mellora animal.

Dispón de equipos de traballo especializados na identificación xenómica dos caracteres dos animais mediante o uso da biotecnoloxía do ADN, e na aplicación de modernas tecnoloxías reprodutivas como a transferencia embrionaria (ET) e a fecundación in vitro (FIV), que permiten multiplicar de forma exponencial a descendencia dos mellores animais. 

Ademais, Xenética Fontao realiza proxectos de innovación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica de gran importancia no sector.