Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Non queimes o futuro

O proxecto Non queimes o futuro realizado pola Consellería do Medio Rural e do Mar e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega consta dunha Unidade Didáctica de Educación Primaria, unha Unidade Didáctica para Educación Secundaria Obrigatoria, unha exposición de vinte paneis e un vídeo.

O obxectivo deste material didáctico é achegar a alumnas e alumnos de 3º ciclo de Primaria e do 1º ciclo de Secundaria, é dicir, nenas e nenos de 10 a 14 anos, materiais axeitados ás súas idades. Con eles preténdese sensibilizalos sobre a catástrofe que supón o lume forestal para crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural.

A exposición está composta por vinte paneis de 100 por 75 cm e nela recóllense as ideas preventivas e as consecuencias negativas da queima do monte. Pódese utilizar tanto en centros escolares como en calquera outro contexto. O título xenérico é Incendios Forestais: O valor da prevención.

Non queimes o futuro consta de dúas unidades didácticas: unha para 3º ciclo de primaria e outra para 1º ciclo de ESO. Nelas faise un percorrido, guiado por Anxo e por Ánxela, polas diferentes situacións que se dan na queima dos montes, analizando as causas e as consecuencias cunha linguaxe comprensíbel para estas idades.

Guía didáctica primaria (1.249 Kb)

Guía didáctica secundaria (859 Kb)

Guía do profesorado (5.296 Kb)

Como complemento á exposición e ás unidades didácticas foi elaborado un vídeo. A súa función é a de presentar os materiais, ao tempo que introduce na problemática dos incendios dunha maneira máis concisa que a exposición. As guías didácticas son complementos de todo o material.

Exposición (6.344 Kb)

Reproducir vídeo

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS