Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

O Bosque Avanza

"O Bosque Avanza" é unha publicación divulgativa que, mediante a recompilación de diversos indicadores, ofrece unha visión actual da realidade do monte en Galicia co obxectivo de comprobar e garantir a sustentabilidade da xestión forestal.

Na Conferencia Ministerial celebrada en Lisboa (1998), os estados asinantes e a Comunidade Europea asumiron os criterios paneuropeos de xestión sustentable dos bosques, así como os indicadores asociados a estes.

A transcendencia e importancia destes indicadores son esenciais posto que, co seu seguemento, permiten comprobar e garantir que a xestión nos bosques se realiza dun xeito sustentable.

Os criterios e indicadores paneuropeos da xestión sostible de bosques son os que seguen:

  • Criterio 1. Mantemento e mellora axeitada dos recursos forestais e da súa contribución aos ciclos do carbono.
  • Criterio 2. Mantemento e mellora da saúde e vitalidade dos ecosistemas forestais.
  • Criterio 3. Mantemento e mellora da función produtora dos bosques (madeira e outros).
  • Criterio 4. Mantemento, conservación e mellora axeitada da biodiversidade en
    ecosistemas forestais.
  • Criterio 5. Mantemento e mellora da función protectora dos bosques (especialmente sobre o solo e a auga).
  • Criterio 6. Mantemento doutras funcións e condicións socioeconómicas.

 

Presentación e introdución (230 Kb)

Datos Xerais de Galicia (6.035 Kb)

Criterio I : Mantemento e mellora dos recursos (2.686 Kb)

Criterio II : Mantemento e mellora da saúde e vitalidade dos ecosistemas forestais (297 Kb)

Criterio III : Mantemento e mellora da función produtora dos montes (madeira e outros produtos) (1.863 Kb)

Criterio IV : Mantemento, conservación e axeitada mellora da biodiversidade en ecosistemas forestais (801 Kb)

Criterio V : Mantemento e mellora da función protectora dos bosques (especialmente sobre solo e auga) (707 Kb)

Criterio VI : Mantemento doutras funcións e condicións socioeconómicas (2.228 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS