Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Prevención e formación

Charlas divulgativas

Impartíronse 670 charlas de prevención de incendios a colectivos sociais (cooperativas, oficinas agrarias comarcais, distritos forestais, asociacións de veciños, comunidades de montes, propietarios forestais, sindicatos, forzas de seguridade, colectivos culturais...) e máis de 300 en centros escolares.

Editouse unha publicación divulgativa das medidas contidas na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais. A tiraxe foi de 30.000 exemplares destinados ás delegacións provinciais, oficinas agrarias e distritos; ademais dun encarte en 415.000 xornais galegos.

Publicación divulgativa (3.111 Kb)

Cartel da Lei de prevención (563 Kb)

Educación

A Consellería do Medio Rural e do Mar apoiou a edición de material didáctico elaborado pola AS-PG. Editáronse 25.000 unidades didácticas para terceiro ciclo de primaria e outras tantas para o primeiro ciclo de secundaria. Ademais, creáronse 5 copias dunha exposición itinerante integrada por 20 paneis para exhibir durante 10 días en cada centro educativo participante e un vídeo divulgativo. O obxectivo desta iniciativa consiste en sensibilizar os escolares sobre a catástrofe que supón o lume forestal para crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural.

Formación

Medio Rural puxo en marcha un programa formativo específico de 190 cursos, homologados coa Escola Galega de Función Pública, co obxectivo de incrementar a capacitación, eficacia e seguridade do colectivo de traballadores de prevención e defensa contra os incendios forestais.

O catálogo de cursos é o seguinte:

  • Seguridade no traballo con vehículos autobomba e tractores forestais
  • Seguridade no traballo do peón condutor
  • Seguridade no traballo dos peóns
  • As funcións dos emisoristas e operadores codificadores no novo operativo do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
  • Seguridade no traballo de vixiante fixo e integración deste persoal no novo operativo do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
  • Seguridade nos traballos de prevención e defensa contra incendios. Integración dos xefes de brigada no novo operativo do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
  • Curso básico de investigación de causas de incendios forestais
  • Curso superior de investigación de causas de incendios forestais
  • Curso de especialización en extinción de incendios forestais
  • Curso de técnico de brigada helitransportada
  • Curso de prevención de incendios forestais
  • Curso de dirección de extinción de incendios forestais
  • Curso de dirección de extinción de grandes lumes: organización do combate
  • Curso de coordinación dos incendios forestais nos centros de coordinación operativos
  • Curso de manexo de GPS e cartografia dixital
  • Curso de manexo de GPS

Ir á páxina de descarga do Manual de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS